Deputación de Lugo

Preto de 150 persoas redescubren esta semana a Mariña e Lugo dende o aire con Km0 Xtreme

Imaxe deputación de lugo
Máis de 350 solicitantes individuais sobrevoaron en helicóptero a provincia dende que o organismo provincial puxo en marcha esta iniciativa en setembro de 2009
A Ribeira Sacra e A Mariña, destinos elexidos polos participantes no resto das rutas previstas para estes días dentro do exitoso programa medioambiental

Preto de 150 persoas sobrevoan esta semana a Mariña e o Concello de Lugo en helicóptero dentro da modalide Xtreme de Km0. En total, dende que a Deputación puxo en marcha esta iniciativa en setembro de 2009, 358 persoas redescubriron a provincia dende o aire con esta iniciativa; unha experiencia única calificada polos que a probaron califican como “sorprendente”. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este martes a un grupo do Centro Maruja Mallo de Lugo e a outro de solicitantes individuais no Pazo de San Marcos dentro do programa medioambiental. Os 48 veciños lucenses desprazáronse ata O Vicedo, onde coñeceron a ría do Barqueiro, o faro de Estaca de Bares e fixeron a ruta de senderismo desde Morgallón polas beiras do río Sor. Asimesmo, os 48 solicitantes individuais sobrevoaron a ría de Ribadeo en helicóptero. A ruta tamén incluiu unha visita o casco histórico do Concello mariñano. O mércores, 48 membros do Centro Social de Becerreá optarán pola Ribeira Sacra. Nesta zona da provincia, visitarán a adega Proencia logo de coñecer a igrexa de Proendos, os petroglifos e o santuario de Cadeiras. Ese mesmo día, outras tantas persoas visitarán Avifauna e redescubrirán o Concello de Lugo en helicóptero. Finalmente, o xoves preto de 100 veciños de Palas de Rei e solicitantes individuais viaxarán á Mariña. Os primeiros farán a ruta que transcorre polo municipio do Vicedo, e que inclúe un percorrido a pé dende Morgallón pola contorna do Sor e visitas ó seu patrimonio natural. O outro grupo coñecerá o casco histórico de Ribadeo e sobrevoará en helicóptero a ría da localidade.