Deputación de Lugo

A Deputación subvenciona case 300 hortos individuais entre o Río Rato e a Ponte Paradai

Imaxe deputación de lugo
Gómez Besteiro entregou os diplomas ós novos 40 usuarios destas parcelas logo de facer un percorrido pola zona con máis de 100 veciños

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, entregou este sábado os diplomas ós novos 40 usuarios dos hortos individuais que o organismo provincial dispón entre o Río Rato e a Ponte de Paradai. En total, a Deputación subvenciona preto de 300 destas parcelas na zona, co obxectivo de dinamizar as zonas verdes, e darlles un uso sostible. Para elo, o organismo provincial traballa en colaboración coa Federación de Asociacións de Vecinos de Lugo, adxudicataria do concurso. Trátate dunha inciativa que outros Concellos están a copiar, e a través da cal un monitor suministra tanto a planta, a semente, como a ferramenta de traballo, ademais de asesorar e axudar ós labregos urbanos na iniciación ó cultivo de hortícolas, plantas mediciñais, ou aromáticas. O acto de entrega de diplomas tivo lugar logo dunha camiñata que o Presidente da Deputación realizou xunto a Lino González Dopeso, Concelleiro de Medio Ambiente, e máis de 100 veciños, membros da Federación de Asociacións de Veciños da capital luguesa. O percorrido, que comezou ás 12:00 horas na Ponte do Río Rato e discorreu polas parroquias de Galegos e A Fervedoira, marca o inicio das actividadades de primavera nos hortos do organismo provincial, e fomenta as actividades deportivas e saudables. Precisamente, o organismo provincial puxo en marcha nesta zona, e en colaboración coas Sociedades Española e Galega de Cardioloxía, o 1º Paseo Cardiosaudable de España. Trátase dunha pioneira iniciativa que xurdiu logo da visita a Lugo de prestixiosos cardiólogos con motivo da presentación do programa Km0 a Compostela.