Deputación de Lugo

Un 3,92% dos traballadores da Deputación secundaron a folga convocada polos Sindicatos

Imaxe deputación de lugo
O 96,03% acudiu a traballar como é de costume, polo que a incidencia foi mínima e a xornada laboral desenvolveuse con total normalidade

No Pazo de San Marcos tan só non acudiron a traballar 25 persoas e no Instituto de Desenvolvemento Económico e Social 4 Un 3,92% dos traballadores da Deputación secundaron a folga convocada convocada para este martes polas forzas sindicais maioritarias UXT, CCOO e CIG, como rechazo as medidas económicas adoptadas polo Goberno Central, polo que 96,03% acudiu a traballar como é de costume. Deste xeito, do 764 traballadores do organismo provincial tan só 30 non o fixeron, polo que a incidencia foi mínima e a xornada desenvolveuse con total normalidade. Esta distribución nos centros dependentes do organismo provincial queda do seguinte xeito: na Deputación dos 419 traballadores tan só 25 secundaron a folga, o que representa un 5,96%; dos 105 funcionarios do INLUDES 4 non acudiron a traballar, é dicir, o 3,80 %. Finalmente, no caso hospital de San Rafael todo o persoal laboral acudiu a traballar e, no de San Rafael, tan só unha persoa non o fixo. Como previsión a este día, a pasada semana o Deputado de Persoal, Melchor Roel, reuniuse con todos os Sindicatos para fixar os servizos mínimos. A proposta, que foi aprobada por maioría e, posteriormente, por decreto de Presidencia, establecía estes servizos en 97 traballadores, é dicir, o 12,6% do total de todos os funcionarios que dependen da institución provincial. Segundo esta proposta, dos 97 traballadores, 33 funcionarios acudirían a traballar ó Pazo de San Marcos, 8 ó INLUDES, 21 ó hospital de San José e 35 ó de San Rafael.