Deputación de Lugo

A Deputación amplía a formación dos traballadores do Parque Móbil cun novo curso de técnicas de condución

Imaxe deputación de lugo
O organismo provincial en colaboración coa PTC organiza a xornada este sábado no circuito da Pastoriza

É a terceira acción formativa que impulsa o organismo provincial e na que participarán máis de 20 maquinistas-condutores A Deputación, en colaboración coa Escola de Perfeccionamento e Técnicas de Condución (PTC), organiza este sábado no circuito da Pastoriza un novo curso para os traballadores do Parque Móbil sobre técnicas de manexo de vehículos. Deste xeito, os obxectivos que se perseguen son, ademais dun uso axeitado do vehículo en situacións de risco, coñecer os sistemas de seguridade e a súa aplicación en superficies deslizantes. A xornada, na que participarán 23 condutores-maquinistas, comenzará ás 9:00 horas e desenvolverase ata as 19:00 horas. Logo das clases teóricas, nas que tratarán aspectos como a incidencia dos sinistros de tráfico, ou a responsabilidade do condutor, os profesionais do Parque Móbil poderán aplicar os coñecementos adquiridos, onde se lles presentarán situacións de emerxencia que terán que solventar. Neste senso, tal e como figura no programa, outros contidos que aprenderán son: posición na condución; manexo do volante; trazado e traxectoria; utilización do freo; dinámica de peso no vehículo; e comportamento do vehículo: viaxe e sobreviaxe. Máis formación para os traballadores Este é o terceiro curso que imparte a Deputación para mellorar a formación dos traballadores. En novembro, os profesionais do Parque Móbil participaron noutra acción formativa sobre técnicas de manexo de vehículos en situacións de risco. Neste caso, os aspectos tratados foron a responsabilidade do condutor ante factores de perigo como o estrés, fatiga, sono, o consumo de drogas, ou a exceso de velocidade á hora de conducir. O curso permitiulles analizar e formar a cada alumno na condución polos distintos tipos de vía: urbana, convencional, autopista, autovía; para analizar de forma específica os aspectos relativos a atención, percepción, análise do risco, ou o campo de visión. O Parque Móbil da Deputación é un dos servizos que reestruturou o actual equipo de goberno co obxectivo de potencialo e de aumentar a colaboración cos Concellos da provincia. Precisamente, o organismo provincial incrementa este ano en máis dun 20% con respecto a 2009 o presuposto adicado ó Parque Móbil. É dicir, en 2010 o orzamento aumenta uns 600.000 euros, e chega ata ós 3.200.000. Ademais, o organismo provincial pon a disposición dos Concellos as máquinas deste departamento para o arranxo das estradas municipais. Trátase dunha iniciativa coa que a Deputación aforra cartos ós Concellos, xa que asume os costes que suporían a contratación deste servizo, e que se enmarca dentro da aposta do organismo provincial pola cooperación máxima cos 67 Concellos da provincia.