Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación fai un chamamento ós Concellos para que axilicen a presentación de proxectos ó Fondo de Investimento Local

Gómez Bestiro reuniuse con representantes de 8 Colexios Profesionais para que se impliquen en todo o procedemento

O máximo resonsable da institución avanza que xa se enviou ós municipios o convenio do Fondo Extraordinario da Deputación que se asinará proximamente 27 Concellos plantexaron ata o momento 57 consultas ó servizo de asistencia do organismo provincial O Presidente da Deputación fixo un chamamento este luns ós Alcaldes da provincia para que axilicen a presentación de proxectos ó Fondo Estatal de Investimento Local, que é complementado polo organismo provincial cun Fondo Extraordinario de preto de 1,5 millóns de euros para a elaboración dos proxectos técnicos. O titular da institución provincial fixo fincapé en que “é necesaria unha extraordinaria rapidez en toda a tramitación, porque o 24 deste mes remata o prazo para presentar os proxectos, e é improrrogable”. Gómez Besteiro advertiu que senón se presentan estes proxectos en tempo e forma, perderanse os cartos. “Estamos preocupados porque quedan 12 días de prazo e só presentaron os proxectos 6 Concellos: Becerreá, Láncara, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Ribadeo e Mondoñedo. O obxectivo fundamental é que ningún municipio da provincia perda nin un só euro destes investimentos que teñen por obxectivo a creación de postos de traballo a través de obras de infraestuturas locais”. Reunión Colexios Profesionais Gómez Besteiro fixo estas declaracións trala reunión que mantivo con representantes de 8 Colexios Profesionais: Arquitectos, Arquitectos técnicos, Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, Enxeñeiros Industriais, Enxeñeiros Agrónomos, e Exeñeiros técnicos de Obras Públicas, Industriais, e Agrícolas. O titular provincial destacou o papel que desempeñan estes Colexios, ó mesmo que o sector da construción e ós sindicatos, cos que xa se reuniu, para darllle a máxima axilidade a todo o procedemento e garantir que os proxectos se realicen. Ademais, dixo que “se inicia unha relación de futuro con estes colectivos con outros asuntos como o Plan Estratéxico, e que non se cingue exclusivamente ó Fondo Extraordinario”. En representación dos Colexios interviu o decano dos Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas, José Antonio Mondelo, quen brindou a máxima colaboración por parte destes colectivos para que non se perdan estes investimentos. “Os técnicos deben aprobar o visado que vale para que o Concello teña constancia de que ese proxecto, ademais de adaptarse á normativa vixente, está elaborado correctamente desde o punto de vista técnico, ó mesmo que a dirección de obra. Neste prazo tan corto os secretarios teñen que certificar que se aproba o proxecto técnico antes de envialo ó MAP. Por iso proceserase a un visado a posteriori, co compromiso dos colexiados de que corrixan todos o erros que poida haber antes de proceder ó proxecto definitivo”. Máxima celeridade Gómez Besteiro sinalou que “desde a Deputación seguimos traballando coa máxima celeridade. Apostamos desde o primeiro momento por esta iniciativa, e en tan só 24 horas puxemos en marcha o dispositivo necesario para crear este Fondo Extraordinario e o equipo técnico necesario. Creamos os convenios, enviámolos ós Concellos e nos próximos días comezaremos a asinalos. O Presidente provincial dixo que ata este momento presentaron o Plan de obras 6 concellos: Becerreá, Láncara. Mondoñedo, Outeiro de Rei, Palas de Rei e Ribadeo. En 3 casos os proxectos xa foron autorizados: 1. Láncara: 5 proxectos de pavimentación de diversos camiños rurais e accesos a núcleos rurais. 2. Palas de Rei: Plan de eficiencia enerxética, adecuación do Centro de Rehabilitación Deportiva, mellora de espazos públicos nas rúas de Lagas, Torna e Agro do Rolo, Grupo Escolar e Centro de Saúde, melloras nos Centros Sociais de Ferreira e Berbetouros e rexeneración de varias vías. 3. Ribadeo: Conexión exterior do abastecemento de auga á actuación da Urbanización ó Polígono Industrial, supresión de barreiras arquitectónicas en diversas vías e dotación de cubrecolectores en todo o termo municipal. En dous casos, o Plan de obras está pendente de validación: 4. Outeiro de Rei: ampliación da Estación Tratamiento de Auga Potable, prolongación da rede xeral de abastecemento, pavimentación de accesos a varios núcleos do Concello. 5. Becerreá: renovación da cuberta do polideportivo e a pavimentación de accesos a varios núcleos de poboación. No caso de Mondoñedo, adxuntouse a documentación sen asinar, unha deficiencia que se correxirá en breve. Balance consultas O titular da Deputación destacou que “ademais do 1,5 millóns de euros do Fondo Extraordinario, a Deputación puxo a disposición dos Concellos toda a maquinaria de asistencia da institución provincial, para resolver calquera dúbida que se presentanse á hora de tramitar as solicitudes perante o Goberno Central”. Segundo os datos aportados por Gómez Besteiro, a día de hoxe presentáronse 57 consultas por parte de 27 Concellos: o 45 consultas foron dos Secretarios (79%) o 6 consultas de Alcades (11%) o 3 de Letrados (5%) o 3 de Técnicos (5%) A maior porcentaxe das consultas formuladas foron relativas á intepretación do Real Decreto, seguidas por cuestións de tramitación en xeral, contratación e sinatura dixital. Das 57 plantexadas ata o de agora, 54 xa foron resoltas e 3 están pendentes de resolverse.