Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo doa 8 reses da Granxa Gayoso Castro para un certame gandeiro de Segovia

Imaxe deputación de lugo
O certame desenvolverase ata o domingo na localidade cordobesa

A Deputación de Lugo cede 8 reses, 4 vacas e outras tantas novillas, da Granxa Gayoso Castro para a exposición de raza Rubia Galega que estará presente na feira Espinar (Segovia). A presenza da Deputación nesta iniciativa, que se celebrará desde mañá ata o domingo 19 de abril, é posible grazas ó convenio de colaboración que a institución provincial mantén coa Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacuno Selecto de Raza Rubia Galega (ACRUGA). O calendario previsto de certames gandeiros cos que colaborará a Deputación inclúe citas nas feiras doutras provincias españolas como Huesca, Salamanca, Teruel, Badaxoz, Madrid, Cádiz e Cáceres. ACRUGA é unha entidade colaboradora do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e responsabilízase dos Libros Xenealóxicos da raza en toda España. En Galicia esta asociación ten rexistradas 2.805 explotacións, das que 1.973 están en Lugo. Deste xeito, a maior parte da produción desta raza atópase na nosa provincia, xa que das 46.560 vacas catalogadas por esta asociación en Galicia, 34.334 son luguesas. O vínculo de ACRUGA coa Deputación de Lugo comezou hai dous anos coa firma do convenio no que se establece que a Asociación deposita un número de novillas nas instalacións provinciais para expandir a raza. As reses cómpranse ós gandeiros e logo véndense a outros puntos de España. A súa actividade baséase: na promoción da raza, a través da celebración dos concursos nacional e rexional, na participación en exposicións internacionais con presenza dun número importante de animais e unha forte promoción informativa da raza para cruzamento industrial a nivel nacional e internacional, facilitando material xenético en países como Alemaña e Portugal, e edición de documentación técnica.