Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación recibe a un grupo de ASPNAIS que participa en Km0

Os participantes desprazáronse a Viveiro en autobuses adaptados con elevadores para cadeiras de rodas

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este xoves no Pazo de San Marcos a un grupo de persoas disminuídas psíquicas e físicas pertencentes á Asociación de Pais e Titores de Persoas con discapacidade mental (ASPNAIS) dentro do programa de visitas institucionais e mediomabientais Km0 . Gómez Besteiro dixo que “é un día moi especial para a Deputación e para mín porque nesta breve historia de Km0 hoxe tivemos ó colectivo de ASPNAIS. Vanse encantados a Viveiro, e falarán de todo o bo que ten esta cidade e A Mariña. En definitiva, é un exemplo de que esta iniciativa chega a todo o mundo”. O titular provincial amosou ós participantes varias depedencias do Pazo de San Marcos, como o Salón de Plenos. A continuación, o grupo coñeceu as instalacións do Centro de Artesanía e Deseño así como o traballo que se está a desenvolver no mesmo. A ruta elexida inclúe o Concello de Viveiro ó que se desprazaron en autobuses adaptados con elevadores para cadeiras de rodas. Na cidade mariñá visitarán a igrexa de Santa María do Campo, a Porte de Carlos V e a Muralla. Tamén darán un paseo pola praia de Covas e subirán ó Alto de San Roque. A Deputación retomou esta semana o programa Km0 logo do periodo vacacional de Nadal. As primeiras rutas de 2009 foron a Monterroso, á Ribeira Sacra e á Mariña.