Deputación de Lugo

A Vicepresidenta Segunda supervisa o inicio das obras de asfaltado da estrada de San Román en Cervo

A Deputación destina 107.000 euros a estes traballos de asfaltado que non foran incluídos no proxecto aprobado polo anterior goberno provincial

Tralas xestións realizadas por Lara Méndez onte comezou a retirada dos postes que invaden a calzada A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, supervisou este xoves o inicio das obras de asfaltado dun treito de 1,700 quilómetros da estrada C.P.1502 de Rúa a Vilaestrofe, no Concello de Cervo, así como os traballos de retirada dos postes que invaden a calzada. A responsable provincial, que estivo acompañada por técnicos da Deputación e da empresa adxudicataria, dixo que “os traballos son realizados con fondos propios da Deputación, logo de que o proxecto aprobado polo anterior equipo de goberno, dentro do POL 2005, non contemplase o asfaltado deste treito”. Segundo apuntou Lara Méndez, a obra nº 461 do POL inclúa ó acondicionamento dun treito de 2,600 euros da estrada provincial de Rúa a San Román de Vilaestrofe, sen embargo, “o proxecto aprobado polo goberno do Partido Popular só prevía o asfaltado de 900 metros mentres que nos outros 1.700 -en concreto, os que van dos puntos quilométricos 5,445 e ó 7,150- tan só se contemplaba unha capa de zahorra. Por tanto, a vía atópase segundo o proxecto e o orzamento aprobados polos anteriores responsables provinciais”. Obra moi necesaria “Pero a realidade é que esta vía non pode quedar así porque é moi transitada polos veciños da zona, xa que une a parroquia de Rúa, pasando por San Román, con Burela e Cervo, e é necesario que estea nunhas condicións axeitadas”. Por iso, tralas xestións realizadas pola Vicepresidenta Segunda, deuse a máxima prioridade a esta obra de asfaltado consignando unha partida orzamentaria dentro dos Presupostos que veñen de aprobarse A responsable provincia dixo que “Deputación afronta con fondos propios o asfaltado en aglomerado en quente e a sinalización vertical e horizontal deste treito de 1,700 quilómetros”. Para estes traballos o organismo provincial destina 107.000 euros, e os técnicos prevén que, se as condicións meteorolóxicas o permiten, en dez ou quince días as obras estean rematadas. “Por tanto, dentro de dúas semanas os veciños da zona e os usuarios da vía poderán comprobar cómo facemos agora as cousas na Deputación. Nós traballamos con seriedade e este treito vai quedar en condicións axeitadas para que o tráfico poida circular con todas as garantías de seguridade.” Por outra banda, onte comezaron os traballos para retranquear os postes que ocupan parte da vía. Segundo os datos aportados pola Vicepresidenta Segunda en total son 10 postes, 8 deles de Begasa e os outros 2 do Concello. “Begasa comezou onte os traballos para retirar da calzada todos os postes, incluídos os de titularidade municipal”. Proxecto sen terreos A responsable provincial lembrou que “cando chegamos ó goberno da Deputación, o expedente de expropiación da obra deste POL 2005 estaba sen tramitar, e polo tanto, non dipoñíamos dos terreos necesarios para realizar os traballos”. O actual equipo de goberno axilizou todo procedemento expropiatorio para que non se perdesen os fondos europeos. “Cando tivemos os terreos realizamos as obra co presuposto e o proxecto aprobados polo goberno do PP, que é tal e como está a situación neste momento. É dicir, o proxecto aprobado polo anterior goberno prevía o rego asfáltico de 900 metros e que os outros 1.700 quedasen en zahorra. Nas administracións non podemos facer aquelo que non está presupostado. Por iso consignamos unha nova partida presupostaria para poder rematar estas obras e deixalas en boas condicións.”