Deputación de Lugo

O CENTRAD organiza obradoiros portátiles en centros educativos de Burela, Lugo e Xove

Imaxe deputación de lugo
Mañá rematan dous cursos de cestería e instrumentos musicais en colexios de Sarria e A Pontenova

Os obradoiros portálites de tapiz, cestería e instrumentos musicais continúan o seu percorrido polos centros educativos da provincia. Mañá sábado rematan os dous que se están a celebrar en colexios de Sarria e A Pontenova e o luns trasládanse a Burela, Xove e Lugo. Os alumnos de Primaria e Secundaria están a ser os destinatarios desta iniciativa que pretende recuperar os oficios artesanis desde a etapa escolar dándolles ós rapaces a oportunidade de aprender e coñecer oficios de grande tradición na provincia. Deste xeito, o vindiero luns o CENTRAD comezará un obradoiro de cestería no CEIP Vista Alegre de Burela, en horario de 16:30 a 19:00 horas. O oficio de elaboración dos instrumentos musicais será abordado nun curso no que participarán alumnos do IES Illa de Sarón de Xove en horario de 17:00 a 20:30 horas, mentres que ó CEE Santa María de Lugo chegará o obradoiro portátil de tapiz que se impartirá de seis e cuarto da tarde á oito e media do serán. Mañá rematan os obradoiro que comezaron hoxe nos Colexios da Asunción de Sarria, onde se impartiu un curso instrumentos musicais, e o CEIP Enrique Murais da Pontenova, outro de cestería