Deputación de Lugo

LUGO ACOLLERÁ A FASE FINAL DA XXVI COPA GALIZA DE VOLEIBOL

Coincidindo coa Copa Galicia, a Federación Galega de Voleibol celebra a Primeira Gala do Voleibol Galego

Esta fase final presentouse hoxe na Deputación de Lugo A Deputación de Lugo acolleu hoxe a presentación da Fase Final da XXVI Copa Galiza de Voleibol organizado pola Federación Galega de Voleibol en colaboración co EMEVE Voleibol Lugo. Nesta presentación participaron o responsable da Área de Deportes da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, representante do EMEVE, José Bouza, o Xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galiza, Tino López, a vicepresidenta da Federación Galega de Voleibol, Cote Bouza, e o concelleiro de Deportes do Concello de Lugo, J. A. Díaz Grandio. Esta final reunirá en Lugo a 6 equipos que teñen nas súas filas a moitas das figuras da elite do voleibol galego. As finais desenvolveranse nas categorías Femnina e Masculina. Os seis equipos proceden de diferentes puntos de Galiza estarán en Lugo ademais do EMEVE, nas categorías femininas, o C.V. Ribeira Sacra, o Ageco C.V. Marineda, e O Turismo de Vigo Voleibol; nas categorías masculinas estarán o Vigo Valery Karpin, o Turismo de Vigo Voleibiol, e o Vigo Valery Karpin - B. Antonio Veiga sinalou na presentación que “Lugo está sendo un referente para moitos deportes e é unha provincia que alberga case todas as modalidades deportivas con resultados moi destacados para moitos dos equipos que representan a Lugo e ás súas comarcas”. Antonio Veiga felicitou tamén ao Club EMEVE Voleibol Lugo por conseguir que, grazas á súa capacidade organizativa, esta final da Copa se celebre na cidade de Lugo. (Nota: envíanse fotos + corte de voz) Horarios dos partidos: Mañá do sábado: Pavillón da Av. Infanta Elena: 10.00h Emevé LN - Ageco CV Marineda (feminino) 10.00h CV Ribeira Sacra - turismo de Vigo Voleibol (feminino) 12.00h Valery Karpin - Valery Karpin B (masculino) 12.00h Emevé LN - Turismo de Vigo Voleibol (masculino) Tarde do sábado: Pavillón da Av. Infanta Elena 16.00h Terceiro e cuarto posto masculino e feminino Pavillón Municipal: 18.15h FINAL FEMININA (Televisada por Televisión de Galicia) 20.00h FINAL MASCULINA Datos dos equipos: Emeve Laboratorios Nupel masculino: actualmente está clasificado no primeiro posto da liga Fev. Emeve Laboratorios Nupel feminino: actualmente clasificado en cuarto lugar na liga Fev feminina. Valery Karpin: actualmente está clasificado en décimo lugar na Superliga masculina. Valery Karpin B: segundo clasificado en lugar na Liga de Primeira División masculina. CV Ribeira Sacra: Primeiro clasificado na Superliga B feminina. CV Ageco Marineda: quinto clasificado na Liga Fev feminina. Turismo de Vigo Voleibol masculino: Terceiro clasificado en lugar na Liga de Primeira División masculina. Turismo de Vigo feminino: oitavo clasificado na Liga Fev feminina.