Deputación de Lugo

A CAPELA DE SANTA MARÍA ACOLLE A EXPOSICIÓN EL CAOS SENSIBLE, DE JOAQUÍN GARCÍA- GESTO

O pasado día 16 de setembro a Capela de Santa María abriu as súas portas á obras do lucense Joaquín García- Gesto, un dos pintores máis orixinais da pintura contemporánea galega.

García- Gesto emprega o auga como símbolo e vehículo comunicativo, utilizando de xeito maxistral a cor, o que xa se ten convertido nunha estética propia perfectamente recoñecible. Esta é unha oportunidade única para todos os lucenses de achegarse á obra deste recoñecido artista.

A exposición El caos sensible permanecerá aberta ao público ata o vindeiro día 2 de novembro nos horarios habituaos da Capela: de luns a venres, de 10:30 a 14 :00 e de 17:00 a 20:00 horas; e as fins de semana e os festivos de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas. A entrada é totalmente gratuíta.