Deputación de Lugo

A Deputación inxecta en Samos 325.000 euros para o mantemento das vivendas e pisos tutelados, emprego e infraestruturas

- O
Presidente e o Alcalde asinaron un convenio para melloras de 173.000 euros solicitadas
polos veciños en dotacións públicas do rural como, por exemplo, arranxo de estradas locais, traídas de
auga ou a promoción da Feira gandeira-
Outros 84.000 euros son para máis actuacións en prestacións públicas do
Concello través do POS e dos plans de aforro enerxético e mellora das Tics- Samos
contratará con 40.000 euros do DEPUEMPREGO a novos traballadores cos que reforzar servizos
municipais e mellorará o Servizo a Domicilio con 22.700 euros

O Presidente, Darío Campos Conde,deu conta sobre o convenio que asinou co Alcalde de Samos, Julio Gallego Moure,para a mellora de viais na vila, o mantemento das vivendas comunitarias epotenciar a Feira gandeira da localidade.

Este investimento de 325.000é o 1º do Orzamento de 2016 da Deputación que recibe os 1.500 veciños de Samos,distribúe do seguinte xeito:

- Preto de 70.000 eurospara o mantemento de vivendas comunitarias e apartamentos tutelados. “Se aDeputación non nos dera este investimento, teriamos que pechar as vivendascomunitarios e pisos. Non entendo como a Xunta se desentende de todo esteservizo público esencial xa que é a administración que ten as competencias.Dende o Concello solicitamos unha subvención e só recibimos boas palabras, perocompromiso ningún”, afirmou Julio Gallego. A Deputación fai esta achegaeconómica para contribuír ao mantemento diario desta infraestrutura, na quetraballan 6 persoas, e viven 17 familias.

- 81.273 euros para amellora de pavimentación de viais de Portela, Nande, Carqueixada, Lamas,Santa Mariña, Teivelle e Santalla de Abaixo. Estas obras repercutendirectamente en todos os veciños de Samos, xa que estas viais son os máisutilizados por preto dos 1.500 habitantes da vila.

- 18.726 euros para areparación do depósito de auga en Zoo. Un municipio gandeiro como Samosprecisa atender ás demandas deste sector, con esta obra dáse resposta a unhanecesidade básica desta parroquia.

Máis de 84.000 euros en máisdotacións públicas

- 60.323 euros para asobras municipais do Plan de Obras e Servizos de 2016 (POS). A Deputaciónfinanciará a mellora na pavimentación en viais de Montán, Sivil, Lourido,Lousada, Castroncán e Frollais. Estas obras están financiadas nun 20% poloConcello e 80% polo organismo provincial logo de que Campos Conde decidisetriplicar o investimento da institución que preside para os traballosmunicipais que se executan ao abeiro desta programación.

- 20.335 euros para aforroenerxético. Samos é beneficiario desta cantidade segundo criteriosobxectivos, do Plan de Aforro Enerxético da Deputación nos Concellos de menosde 20.000 habitantes. Este convenio realizouse co fin de aforrar cartos ás arcasmunicipais ao reducir custos correntes pola luz ou calefacción e implantarmecanismos sostibles.

- 4.067 euros para Tic.Os Concellos teñen que realizar melloras nas mesmas antes do 1 de outubrodebido á entrada en vigor da Lei do Procedemento Administrativo Común dasAdministracións Públicas. Esta normativa establece cambios nas ferramentastecnolóxicas para axilizar, modernizar, simplificar e garantir aos cidadáns arealización de todos os seus trámites coas mesmas de xeito telemático. Por estemotivo, a Deputación ofrece aos 66 municipios de menos de 20.000 habitantesaxudas económicas, que distribúe en base a criterios obxectivos (superficie,esforzo fiscal, densidade de poboación e unidades de poboación), para poderlevalas a cabo. 

Servizos sociais e emprego

- 22.722 euros para oServizo a Domicilio. É o investimento que lle corresponde a Samos en baseao seu índice de envellecemento, superficie, densidade de poboación e unidadesde poboación. Por primeira vez, esta prestación suporá custo cero para osConcellos, xa que o Goberno da Deputación decidiu asumir todos os custos.

- 32.219 euros para xeraremprego directo. É a cantidade que lle corresponde a Ribas de Sil a travésdo DEPUEMPREGO. Trátase do Plan deEmprego da Deputación nos Concellos. Esta programación é unha aposta persoal doPresidente pola xeración directa de traballo no rural e a máxima cooperacióncos Concellos, pois este orzamento é para a contratación de novo persoal co quereforzar as prestacións públicas municipais.

-5.000euros para a contratación dun guía para Abadía de San Xiao.Con este investimento a Deputación contribúe a promocionar o turismo na vila,radicado en pleno Camiño de Santiago.

-3.000 euros para a Feira gandeira de Samos.Realizase na Ponte Louzará cada 17 de agosto, e pretende contribuír areivindicar tradicións e oficios como a artesanía, a venta de produtos naturaisautóctonos e a música tradicional.