Deputación de Lugo

A EIS, a única escola de Imaxe e Son da provincia, cubre por 4º ano consecutivo a cota de prazas

Máis de 50 persoas formularon a súa preinscrición para optar a unha das 44 prazas nos ciclos de “Produción” e “Realización de Audiovisuais, Radio e Espectáculos” Mañá publicarase a listaxe de admitidos para que, dende o vindeiro xoves e ata 22 de xullo, realicen sen custe algún e en horario de mañá a matrícula na sede do centro As persoas en lista de espera terán unha nova oportunidade de estudar na EIS en setembro ó abrirse de novo o prazo de inscrición tendo en conta as posibles baixasO éxito de convocatoria prodúcese dende 2009 logo de que o Goberno provincial establecese a matrícula gratuíta e incrementase nun 300% as prácticas en empresas

Máis de 50 persoas formalizaron a preinscrición de matrícula para o curso 2011-2012 na Escola de Imaxe de Son (EIS) da Fundación TIC. O centro dependente da Deputación, o único na provincia que imparte ensinanzas da familia audiovisual, ofrece un total de 44 prazas para estudar o vindeiro ano os ciclos superiores de “Produción” e “Realización de Audiovisuais, Radio e Espectáculos”, dotados con 2.000 horas lectivas e dous cursos académicos cada un. Isto supón que, por 4º ano consecutivo, a EIS volta cubrir a cota de prazas dispoñibles, quedando solicitantes en lista de espera.

Mañá, martes 12 de xullo, publicarase a listaxe definitiva de admitidos. Os beneficiados deberán entón formalizar a súa matrícula entre o 14 e o 22 de xullo. Para elo, terán que desprazarse á sede do centro educativo, situada na rúa Frei Prácido Rei Lemos, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tanto o impreso como a documentación correspondente a entregrar, pódese descargar no espazo www.fundaciontic.org. As persoas que queden en lista de espera terán una nova oportunidade de acadar unha praza en setembro, data na que se voltará a abrir o prazo de inscrición tendo en conta as posible baixas que se produzan.

Dende 2009, o EIS cubre o 100% das súas prazas. Este éxito de convocatoria débese por una lado, ás facilidades económicas de acceso, así como á recoñecida calidade formativa que acadan os estudantes. E é que en dita data, o actual equipo de Goberno provincial, facendo un esforzo inversor e apostando pola educación gratuíta, estableceu que a matrícula da escola supuxerá un custe cero para os alumnos. A maiores, marcou como eixo fundamental a combinación de formación e práctica en contextos e escenarios reais, logrando que os estudantes acadasen unha preparación vencellada directamente ás necesidades e esixencias das empresas do sector audiovisual. Como exemplo da calidade formativa, este ano un estudante do EIS logrou o único premio Extraordinario de Imaxe e Son que se concede en Galicia, optando agora ós mesmos galardóns a nivel nacional.

Para garantir a preparación dos alumnos, dende 2009 a Fundación TIC incrementou en máis dun 300% os convenios con asociación socioculturais, deportivas e empresas da provincia. Só o ano pasado, a Fundación asinou 44 convenios, nos que participan bolseiros da Escola, co obxectivo de que complementen a súa formación e tomen contacto co mundo laboral. Asimesmo, a TIC mantén relación con máis de 60 empresas nacionais do sector audiovisual.