Deputación de Lugo

A Deputación dota de parque infantil ó CEIP de Riotorto

Lara Méndez inaugurou as instalacións solicitadas polos país dos alumnos de dito colexio para as que a institución achegou máis de 12.000 eurosEste último investimento súmase os máis de 4 millóns de euros que o organismo provincial levou a Riotorto durante o 1º mandato progresista na historia da Deputación

A Vicepresidenta Segunda en funcións, Lara Méndez, inaugurou este venres o parque infantil que o organismo provincial vén de instalar no CEIP de Riotorto logo de achegar 12.044 euros para a adquisición do equipamento necesario.

Pais de dito centro educativo solicitaron á institución lucense tobogáns, balancíns e columpios para os 43 nenos de dito colexio. Ante esta petición, e tendo en conta que os rapaces de Riotorto non dispoñían ata o momento de instalacións destas características, o organismo provincial respostou dotando ó CEIP deste parque infantil.

Este último investimento en Riotorto do actual Goberno provincial en funcións súmase ós máis de 4 millóns durante o que foi o 1º mandato progresista na historia da institución luguesa. Deste xeito, a Deputación achegou 1,2 millóns de euros para a construción da residencia e centro de día. Trátase dunha infraestrutura que mellorará os servizos ós maiores e creará novos postos de traballo no municipio, freando o despoboamento demográfico na zona.

A maiores, a institución adicou máis de 1,8 millóns de euros na mellora das estradas provinciais e municipais entre as que destaca o vial que comunica o Marco de Álvare e as Rodrigas. É unha obra que viñan demandando os veciños dende hai décadas, e que fixo posible este Goberno provincial logo de múltiples promesas incumpridas doutras corporacións.

Xunto á cobertura contraincendios coa que por fin conta os veciños de Riotorto logo da posta en marcha dos parques de bombeiros, ou a total implantación da administración electrónica que permitiu aforrar ás arcas locais 300.000 euros, o organismo provincial investiu outros 250.000 euros na mellora de servizos municipais.