Deputación de Lugo

A Deputación impulsa a XIV Festa do Pemento de Mougán

García Porto presentou, xunto á membros da APROPEM, a cita gastronómica que se celebrará mañá, a partires das 21:30 horas, no campo da festa desta parroquia de GuntínA colaboración da institución permitirá que 20 produtores ofrezan, de xeito totalmente gratuíto, unha degustación de 300 quilos de pementos, churrasco, pan e viñoA Deputada convida a estes profesionais a sumarse á marca Lugo Sabe para que, por 1º vez de xeito conxunto e sen intermediarios, vendan os pementos de Mougán nun maior número de establecementos en Galicia

A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, e o Secretario da Asociación de Produtos “O Pemento de Mougán” (APROPEM), Antonio Lorenzo Díaz, presentaron este xoves, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a edición número 14 da festa de exaltación de mencionado produto. O organismo provincial colabora coa APROPEM na celebración desta cita que terá lugar mañá, 5 de agosto, a partires das 21:30 horas, no campo da festa de dita parroquia do Concello de Guntín.

Esta colaboración permitirá que os 20 produtores que integran este colectivo ofrezan, de xeito totalmente gratuíto, unha degustación de 300 quilos de pementos de Mougán que poderán ser acompañados de churrasco, pan e viño. A maiores, poranse á venda outros 300 quilos deste froito autóctono. O prezo será de 4 euros/quilo.

A décimo cuarta edición deste festexo adiántase en relación ás convocatorias anteriores que tiveron lugar no mes de setembro, aproveitando a afluencia de visitantes á provincia durante a época estival. Deste xeito, espérase que a cifra de participantes supere as 1.300 persoas acadadas en 2010.

García Porto salientou que o obxectivo deste traballo conxunto entre Deputación e APROPEM é a posta en valor do pemento de Mougán. Trátase dun produto que, malia contar con tradición (remóntase ó século XVIII cando os frades do Mosteiro de Ferreira de Pallares introduciron a súa semente nesta Comarca dende México) e unhas características que o diferencian notoriamente doutros froitos da familia como o de Padrón (destacan pola súa cor verde escura, textura fina con zume e con sabor doce -en ocasións picante-) non ten marca propia, nin se comercializa conxuntamente co fin de ganar nome e facerse cun lugar destacado no mercado. De xeito individual, os seus produtores vénse na obriga de traballar con diferentes intermediarios para que as súas colleitas chegan ós establecementos.

Ante esta situación e á espera dende hai anos de lograr a Indicación Xeográfica Protexida (IGP) coa que se comprometeu a Xunta, Porto ofreceu ós produtores sumarse á marca Lugo Sabe da institución. 150 produtos lucenses xa lograron o distinto de auténtica calidade do organismo provincial, logrando a súa posta á venda en 14 establecementos de Cemar, Cafestore e La Palloza Gallega. Son puntos de venta estratexicamente situados nas provincia de Lugo e A Coruña. Concretamente, atópanse en: Pobra de San Xillao, Ribadeo, Ferreira do Valadouro, Meira, Castro Riberas de Lea, Palas de Rei, nas rúas Quiroga Ballesteros e Monteros Ríos da cidade lucense, Ortigueira e Cedeira, así como en 4 estacións de servizo da A-6 á altura de Guitiriz e o Corgo que, segundo datos de Tráfico, contan a diario con 10.200 usuarios.

Máis produtos e puntos de venda

A Deputada adiantou que, logo de que a Deputación se convertese na 5º entidade local en España que máis fondos recibe da Unión Europea en recoñecemento da calidade dos proxectos presentados e ós resultados acadados coa 1º parte de Lug02, Innova-TE e o Pacto Provincial polo Emprego grazas ó financiamento recibido na anterior convocatoria comunitaria, nos vindeiro meses, unha vez recibido ós preto de 18 millóns de euros que vén de aprobar a UE, a institución comezará a executar a 2º parte de menciados programas.

Porto subliñou que, cos novos 6,5 millóns de euros para Lug02 , máis produtos autóctonos poderán acadar o selo Lugo Sabe. Nesta ocasión, todos os alimentos lucenses que o desexen poderán optar ó distintivo. Na anterior convocatoria, como obriga da Unión Europea, puideron facelo aqueles cuxa orixe era as 3 Reservas da Biosfera: Terras de Miño, Eo-Oscos-Terras de Burón e Os Ancares. A maiores, incrementaranse os establecementos de venda. Entre eles, atoparanse as 40 tendas que posúe Cemar, a única cadena lucense de supermercados, en Galicia.

Lugo Sabe

As 35 empresas agroalimentarias da provincia que lograron que os seus produtos teñan a marca de auténtica calidade do organismo provincial tras sometelos unha rigorosa avaliación durante todo o seu proceso de fabricación (produción, embalaxe, almacenamento e distribución) son de 12 Concellos lucenses. Trátanse de: As Fadegas (Ribadeo), Labregos de Lugo SAT (Riotorto), O Trobo, Mel do Valadouro (O Valadouro), Panadería Rubal (Mondoñedo), José César Páez Santamaría (Ribadeo), Capones Aurora (Vilalba), Daniberto SAT (Vilalba), Queixería Don Crisanto (Vilalba), Queixería Cas Leira SL (Vilalba), Atilano Anllo SL (Vilalba), Castelo (Vilalba), Dispravia SL (Vilalba), Queixería Don Gabino (Vilalba), Jamones Francisco Otero Pérez (Vilalba), Queixería Prestes (Vilalba), Cogumelas Muralla (Lugo), Queixos Pacita (Friol), Lualco (Lugo), Bombones Suguimar SA (Lugo), Panadería Concha Campaceira (Friol), Embutidos Campa (Cervantes), Panadería Os Ancares (Cervantes), Torre de Núñez (Lugo), Embutidos Suarna (Navia de Suarna), Panadería La Esquina (Gutiriz), Confitería La Alianza (Mondoñedo), Confitería Méndez (O Valadouro), Embutidos Hermelio (O Valadouro), ACISAL (Vilalba), Dulce María Barro Fernández (Vilalba), Frilea SL (Castro de Rei), Jamones González SL (O Corgo), Delicias do Souto (Folgoso do Courel) e Caurelor (Folgoso do Courel).

Estes alimentos son moi variados: hortalizas (pementos, cebolas, tomates, nabos, xudías...), mel, pan e derivados (empanadas, bolos preñados....), queixos (San Simón da Costa, de Tetilla, Galego, do País..), carnes de vacún e porcino, así como embutidos (xamóns, butelos, chourizos, lacón, cacheira, androlla, touciño, costelas, soá, lacón, tenreira galega...), ou doces (roscón de amendoa, bombóns, torta de Guitiriz, tarta de Mondoñedo, marmeladas, castañas en almibar...).