Deputación de Lugo

A Deputación contratará en 1 mes a redacción do proxecto da residencia e centro de día para Becerreá

Unha vez que a adxudicataria remate os traballos nun prazo máximo de 3 meses, a institución provincial porá o proxecto a disposición do Goberno galego para que o execute tal e como se comprometeu a facer publicamente Feijóo días antes dos comicios de 2009Martínez salientou que “a finais deste ano teremos listo o proxecto. Pode aparecer nos vindeiros presupostos da Xunta se está disposta. Despois de máis de 4 anos, creo que o Goberno galego debería a lo menos investir en 1 soa residencia nesta provincia” “Besteiro comprometeuse a redactar o proxecto en maio e nun prazo corto cumpre. O señor Barreiro tamén se comprometeu a apoialo, ó igual co candidato popular en Becerreá e o propio Feijóo. Pero o PP só vai a Montaña a mentir e a enganar ós veciños”, sentenciouA residencia terá capacidade para 100 persoas e o centro de día para 30. Situarase na antiga casa-escola malia que o Concello está disposto a modificar o seu emprazamento se así o solicita o Goberno galego

O Deputado de Xestión Territorial e tamén Alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, avanzou este venres que a Deputación contratará en 1 mes a redación do proxecto de construción da residencia e centro de día para dito municipio. Hoxe mesmo se celebrou a mesa de contratación na que se rexistraron 14 ofertas de outras tantas empresas. Destas, só 3 entidades son lucenses, malia a publicación destas actuacións no BOP e no Perfil do Contratante, e a pesares de que o prazo de presentación de ofertas se prolongou durante 2 meses. Transcorrido dito prazo de 1 mes, a adxudicataria iniciará os traballos que deberá rematar nun prazo máximo de 3 meses meses. Posteriormente, a institución provincial poñerá a disposición da Xunta o proxecto para que o Goberno galego inicie a súa execución tal e como se comprometeu a facer o Presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, nun acto público pouco antes dos comicios de 2009.

Martínez salientou que “a finais deste ano teremos listo o proxecto polo que se poderá executar cando se queira, é dicir, a residencia de Becerrreá pode aparecer nos vindeiros presupostos da Xunta se está disposta. Despois de máis de 4 anos, creo que o Goberno galego debería a lo menos investir en 1 soa residencia para esta provincia. Trátase dunha residencia que dará servizo á Comarca dos Ancares, unha das zonas de Galicia máis necesitas desta infraestrutura”.

Mentiras do PP

O Deputado lembrou que Feijóo aseguraba ós veciños de Becerreá xa en 2009, días antes ás eleccións autonómicas, que ía a construír a residencia. “Transcorridos máis de 2 anos, non fixo nada”. Por iso, “ante o incumprimento e a falta de palabra dos dirixentes do Goberno galego”, e tendo en conta a necesidade e a demanda desta infraestrutura “nun Concello no que máis do 33% da poboación é maior dos 65 anos”, a Deputación asumiu a redacción do proxecto, facendo un esforzo inversor de 102.660 euros, e aforrando este custe ó Executivo galego malia contar cun presuposto 100 veces menor ó da Xunta.

Como mostra da diferencia entre o xeito de actuar da Deputación e o Executivo galego, Martíñez incidiu en que “Besteiro comprometeuse a redactar o proxecto en maio e nun prazo corto cumpre. O señor Barreiro tamén se comprometeu a apoialo, ó igual co candidato popular en Becerreá e o propio Feijóo. Pero o PP só vai a Montaña a mentir e a enganar ós veciños”.

Previamente a que o organismo provincial se fixese cargo da redacción deste proxecto e co fin de evitar que Becerreá e a Comarca da Montaña quedase discriminada, o Pleno da Deputación aprobou por unanimidade, é dicir co apoio de todos os partidos incluído o PP, a proposta do equipo de goberno para instar á Xunta a iniciar a construción desta infraestrutura que, xunto coa de Fonsagrada, foron reclamadas en varias ocasións polos respectivos Alcaldes a través de distintos acordos municipais. Ante a falta de resposta por parte do Executivo galego, a Deputación non só asumiu a redacción do proxecto de Becerreá, senón que tamén se fixo cargo das obras de construción do centro para a 3º idade da Fonsagrada logo de que o Goberno galego o paralizase malia contar xa co proxecto correspondente.
Proxecto consensuado

A Deputación fará de acordo coa entidade local o proxecto co obxectivo de que a Xunta non atopa dificultades para levar a cabo a súa execución. Deste xeito, nun principio a residencia situarase nos terreos da antiga casa-escola, moi preto da rúa Ancares, aínda que o Concello está disposto a cambiar o seu emprazamento se a administración autonómica o solicitase. “Temos os terreos pero se queren cambios, o Concello comprométese a facilitar outros”, aclarou o tamén Alcalde de Becerreá.

A súa superficie será de máis de 4.000 metros cadrados. Terá capacidade para 100 persoas na residencia. Para elo, incluirá 20 habitación individuais, 40 dobres, así como servizos de atención diúrna, manutención, socio-sanitaria, ademais de salas de rehabilitación, terapia ocupacional, enfermería, consulta médica...O centro de día terá capacidade para 30 persoas.

Un servizo moi demandado

Na actualidade, Becerreá conta con máis de 1.120 persoas maiores de 65 anos, o que supón máis do 33% da poboación sen contar o resto da comarca, polo que a residencia da terceira idade é unha demanda histórica. A súa reivindicación remóntase a hai 29 anos, concretamente a 1.983, ano que o Concello cedeu ó goberno autonómico unha finca de 1.200 metros cadrados de superficie para a súa construción. Este proceso chegou á fase de adxudicación, pero nunca se executou, xa que nestes terreos creouse un centro de servizos sociais que en 1997 foi transferido ó Concello. Deste xeito, Becerreá é a única cabeceira de comarca que non dispón dunha infraestrutura destas características.