Deputación de Lugo

A Deputación completa a mellora dos accesos ás praias de Ribadeo nos que xa investiu 600.000 euros

A institución vén de intensificar as medidas de seguridade na CP 0610, principal acceso para os miles de visitantes que recibe na época estival As Catedrais Estas actuacións engádense os traballos de mellora nos accesos as praias das Catedrais, Esteiro e Illas para os que o organismo provincial achegou un total de 580.000 euros

A Deputación vén de finalizar novas actuacións na CP 0610, a estrada provincial que transcorre dende Altar por Reinante e ata os Castros, complementado as melloras nos accesos ás praias de Ribadeo nos que xa investiu 600.000 euros.

A institución intensificou as medidas de seguridade dos miles de viandantes que, sobre todo na época estival, acceden ás Catedrais por dita estrada provincial. Deste xeito, vén de habilitar novos pasos peonís e de incrementar a sinalización vertical que fai referencia a limitación de velocidade. Para elo, achegou 3.000 euros de fondos propios.

Este investimento é unha pequena parte do que a Deputación adicou en total á mellora dos accesos ás praias ribadenses. Só co Plan Extraordinario de Obra Pública, a institución achegou 500.000 euros para a construción dunha rotonda no punto quilométrico 11,065 de mencionado vial provincial, habilitando un nexo de unión dende a N-634 e a A-8 ós areais de Ribadeo.

Esta achega supuxo ademais, a mellora do firme con aglomerado quente en 2,4 quilómetros, concretamente dende o punto quilométrico 9,920 ó 12,320 da CP 0610, así como o ensanche deste treito que discorre polas praias de Esteiro e As Catedrais, pasando de 4 a máis de 6 metros.

A maiores, o organismo provincial actuou no treito que dá acceso o areal das Illas. Para elo, investiu 80.000 euros nas obras de asfaltado con aglomerado quente no treito desta estrada provincial que transcorre dende As Catedrais ás Illas.