Deputación de Lugo

A Deputación aumentará o vindeiro ano en 50 os hortos nas zonas verdes da capital, poñendo fin á listaxe de espera

A institución ultima agora cal será a zona máis axeitada no contorno do Río Rato para o emprazamento das novas parcelas e pasará de subvencionar 270 hortos dos que se benefician 300 persoas na actualidade, a 320 Administracións galegas están a copiar a iniciativa coa que o organismo provincial foi pioneiro en Galicia así como un das primeiras institucións en España en potenciar deste xeito as zonas verdes da capital e os produtos autóctonos O Presidente fixo este anuncio durante a Festa da Flor, cita na que os cidadáns degustaron, de xeito gratuíto, 20 receitas elaboradas a base de 50 produtos colleitados nestes espazos e na que se repartiron 400 caraveis e outras tantas prantas tamén dos hortos

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou este martes na Festa da Flor que organiza na capital a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo en colaboración coa institución provincial. É o colectivo adxudicatario da xestión dos hortos que dispón a institución provincial no Río Rato e a Ponte Romai e dos que, na actualidade, xa se benefician 300 persoas. Na cita, na que se deu conta dos bos resultados nas colleitas nestes espazos verdes, Gómez Besteiro avanzou que, tendo en conta ó éxito desta iniciativa, o organismo provincial incrementará o vindeiro ano en 50 as parcelas, acadando un total de 320, poñendo así fin a listaxe de espera. A institución ultima agora a zona máis axeitada no contorno do Río Rato para o emprazamento dos novos hortos.

A institución puxo en marcha este proxecto hai 5 anos co obxectivo de potenciar as zonas verdes da capital e promocionar os produtos autóctonos. Foi pioneira en Galicia e unhas das primeiras administracións en España, xunto á outras en Madrid e Barcelona, que ofrecía, sen custe algún para os cidadáns, esta oportunidade económica medioambiental. É por elo, que os Concellos de Santiago e Ourense copiaron o proxecto da Deputación de Lugo mentres que o organismo provincial da Coruña se amosou interesado.

Beneficios a custe cero

O éxito desta iniciativa cuantifícanse nos 50 distintos produtos que se colleitan: pementos de todas as variedades (dende o de Mougán ata o de Padrón), leitugas, tomates, allos, cebolas, guisantes, coles, patacas, acelgas, espinacas, calabacíns, fresas, diferentes prantas mediciñais e ata alimentos de fóra das fronteiras que prantas veciños chegados de Venezuela, Ecuador ou Cuba, entre outros. Estes foron a base das 20 receitas que todos os veciños que pasearon esta tarde polo Rato puideron desgustar. Os cidadáns tamén foron agasallados cun caravel e cunha pranta, xa que a Federación de Asociacións de Veciños preparou para a cita ata 400 exemplares de cada especie pertencentes ós hortos.

Para obter estes resultados nas colleitas, a Deputación concede a dito colectivo unha subvención trimestral de 38.000 euros. Esta axuda non só se adica á compra de sementes, senón que tamén se inviste na contratación de monitores que prestan asesoramento e axuda ós “agricultores”; na organización de cursos de formación en colaboración coa Universidade sobre inxertos, abonos ou insecticidas; ou na melloras das instalacións. Proba delo, as casetas de madeiras habilitadas para a biblioteca de hortofloricultura, ximnasio, lectura de prensa ou xogos sociais.