Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo renova o seu blog co fin de convertelo nun dos principais focos informativos da provincia


- O blog, accesible en http://blog.deputacionlugo.gal, adáptase ás novas tendencias de deseño e incorpora novas funcionalidades, como a responsividade ou a integración coas redes sociais, para mellorar a experiencia dos usuarios
- Coa renovación do blog, a Deputación de Lugo reafirma a súa presenza en redes socias e a súa aposta pola transparencia nas novas canles de comunicación

Continuando na aposta pola transparencia e presenza activa nas novas canles de comunicación, a Deputación de Lugo acaba de actualizar o seu blog co fin de convertelo nun dos principais focos informativos da provincia. Dispoñible no mesmo enderezo que ata agora, http://blog.deputacionlugo.gal, o blog presenta, ademais dun aspecto totalmente renovado, novas funcionalidades para adaptar ás tendencias en deseño web actuais, como multimedia, plena integración coas redes socias, máxima usabilidade e accesibilidade, así como unha renovada estrutura e contidos que se actualizarán con maior frecuencia.

Dende o punto de vista visual, o novo blog da Deputación de Lugo incorpora un deseño "responsive", isto é, adaptativo aos diferentes dispositivos cos que se pode acceder á rede para mellorar a experiencia de navegación dos usuarios. Non en van, case o 50% dos accesos do último mes ao blog da Deputación se realizou a través de dispositivos móbiles, ben sexa mediante teléfonos intelixentes ou ben mediante tabletas.

Ademais das diferentes novas sobre a actualidade da Deputación e da provincia, o blog incorpora unha axenda de eventos totalmente renovada onde se irán relacionando todas aquelas actividades culturais, accións formativas, convocatorias, charlas e obradoiros que poidan ser de interese para toda a cidadanía e que se actualizará de xeito diario.

Logo de algo máis de 3 anos de vida, o blog suma os 900 artigos publicados, en galego como en castelán, de temáticas como novidades, novas tecnoloxías, medio ambiente, cooperación, emprego, así como de curiosidades da provincia ou descricións de lugares, festas e feiras de interesa da provincia e un longo etcétera.

Vídeo-noticias elaboradas pola Fundación TIC e os streamings que se poidan ver en directo na rede, galerías de imaxes e información sobre a provincia serán tamén outras seccións que se incorporarán ao Blog da Deputación de Lugo para convertelo nun dos centros informativos de Lugo e ampliar a información accesible no portal web institucional, www.deputacionlugo.gal.

http://www.pinterest.com/dipulugo/).