Deputación de Lugo

Gómez Besteiro estreita lazos coa comunidade galega afincada en Barcelona no San Froilán catalán

O Presidente da Deputación participou na Misa, que estivo oficiada polo Bispo de Lugo, e posterior procesión xunto a miles de galegos residentes na cidade condalUn ano máis a praza de Nou Barris fíxose pequena para recibir ás 1.100 persoas que participaron na cerimonia eucarística, é dicir, a máxima capacidade da praza interior do Distrito de Nou BarrisO acto relixioso estivo presidido pola imaxe do San Froilán, tallada polos artesáns do CENTRAD, e que foi cedida á Asociación organizadora en 2009 como recoñecemento ó labor que esta entidade realiza dende hai case dúas décadas para manter vivas estas Festas

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, pechou este domingo as festas do San Froilán que cada ano organiza por estas datas a Asociación de Amigos do San Froilán, e que coma sempre acolle o popular barrio barcelonés de Nou Barris. Gómez Besteiro participou na Misa, que estivo oficiada polo Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco, e posterior procesión xunto a miles de persoas que se congregaron na praza deste Distrito, no que residen miles de galegos. Así mesmo, o acto relixioso estivo presidido pola imaxe do San Froilán, tallada polos artesáns do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación, e que foi cedida á Asociación organizadora en 2009 como recoñecemento ó labor que esta entidade está a realizar dende hai case dúas décadas para manter vivas estas Festas.

Un ano máis a praza de Nou Barris fíxose pequena para recibir ós miles de galegos que quixeron participar nos actos relixiosos, e que contaron coa actuación do grupo musical tradiconal “Agarimo” de Badalona, composto por varios descendentes de lugueses. Segundo datos proporcionados pola Policía Local, 1.100 persoas participaron na cerimonia relixiosa, é dicir, a máxima capacidade que permite acoller a praza interior do Distrito de Nou Barris. Este barrio é ademais o lugar de residencia de máis de 150.000 galegos afincados en Barcelona, aínda que en toda a cidade xa se contabilizan máis de 300.000 censados.

A 2ª festa máis importante de Barcelona

Deste xeito, o San Froilán catalán consolídase como a segunda festa máis importantes de Barcelona, despois dos festexos da Merced. Por iso todos os anos acuden personalidades da vida política, cultural e social catalana. Ademais de Gómez Besteiro, no día de onte, participaron a Rexedora de Nou Barris, Irma Rognoni, o Alcalde de Barcelona, Xavier Trías, a Vicepresidenta da Deputación de Barcelona, Merce Conesa, e a Vicepresidenta da Generalitat catalana, Joana Ortega, entre outras autoridades.

Son ademais unhas festas privilexiadas na cidade, xa que teñen o permiso das autoridades para que se poidan celebrar no propio barrio, modificando notablemente o ritmo diario. Os festexos teñen lugar dende hai 17 anos cando un grupo de empresarios lucenses quixeron traer o espírito lucense ata Barcelona. Dende entón, esta festa recupera o tradicional estilo popular con música galega, casetas de polbo, sesión vermú ou a procesión do domingo.