Deputación de Lugo

Rematan hoxe en Ribas do Sil as 45 accións formativas para lucenses en paro do Pacto Provincial polo Emprego

A Casa Consistorial de dito municipio do sur da provincia acolleu ás últimas clases teóricas do curso “Promoción Turística Local e Información a Visitantes” no que participaron 11 persoas das máis de 500 que se beneficiaron, sen custe algún, do programa da Deputación As 45 accións formativas que arrincaron en marzo contaron con 15.000 horas formativas nas profesións con máis futuro na provincia e 60.000 horas prácticas en empresas lucenses durante as cales os participantes recibiron unha axuda de 400 eurosOutras 1.200 persoas beneficiaranse da 2º parte do Pacto Provincial polo Emprego que conta con máis de 3,5 millóns de euros, co-financiados nun 80% polo Fondo Social Europeo

11 lucenses en paro que, a custe cero, se benefician do Pacto Provincial polo Emprego rematan hoxe en Ribas do Sil o curso “Promoción Turística Local e Información a Visitantes”. É a última acción formativa das 45 totais que incluíu o mencionado programa da Deputación co-financiado nun 80% polo Fondo Social Europeo e nas que participaron máis de 500 desempregados de todos os Concellos da provincia, agás o de Lugo ó ter o seu propio Plan, sendo a seguinte a súa distribución: 245 da zona centro, 192 da Mariña e 138 da zona sur.

Este martes ponse fin ás 15.000 horas de formación nas profesións con máis futuro na provincia previamente diagnosticadas precisamente, mediante o Pacto. A Casa Consistorial de Ribas do Sil acolleu as derradeiras clases teóricas. Neste caso, foron un total de 570 horas que se celebraron dende o 14 de marzo e ata hoxe. Esta acción formativa tamén incluíu 120 horas prácticas, das 60.000 horas totais que ofertou o Pacto Provincial polo Emprego, en empresas lucenses.

Os máis de 500 participantes recibiron, tanto para a formación teórica como para a práctica que se prolongaron dende marzo e ata outubro, unha axuda de 400 euros, equivalente ó 75% da cuantía establecida polo IPREM (Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples). Esta subvención foi compatible coa percepción da prestación e subsidio por desemprego sempre e cando non superase o importe fixado pola IPREM.

Outros 1.200 beneficiados

A Deputación porá en marcha de xeito inmediato a 2º parte do Pacto Provincial polo Emprego da que se beneficiaran outros 1.200 lucenses actualmente en paro que, sen custe algún, recibirán formación e realizarán prácticas nas profesións con máis futuro en Lugo co fin de facilitar a súa insercción laboral. Para elo, a institución logrou que, logo da concesión dos novos fondos comunitarios, a reedición esta iniciativa se convertese no 5º proxecto de toda España e o 1º de Galicia co maior importe dentro do Fondo Social Europeo ó acadar 2.857.220 euros. Isto supón que, xunto á aportación do 20% que concede o organismo provincial, a 2º parte do Pacto conte cun total de 3.571.526 euros.