Deputación de Lugo

A Deputación multiplica por 10 a capacidade hidráulica da ponte de Santa Comba, evitando novos derribamentos

O responsable de Xestión Territorial supervisou os traballos que a institución executou nun treito da CP 5505 de Orrea a Galegos, en Riotorto, achegando para elo 25.000 eurosMartínez subliñou que “damos solución a otra chapuza do PP”, suplindo dúas tubaxes de tan só 600 milímetros por marcos de formigón armado de 2x3 metrosLogo de esperar polo permiso da Confederación Hidrográfica do Norte e redactar un complexo proxecto, a institución finaliza estas obras, garantindo a seguridade dos 200 usuarios da ponte

O Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez, supervisou este mércores os traballos de mellora no treito da CP 5505 de Orrea a Galegos, en Riotorto, onde se atopa a chamada ponte de Santa Comba. A institución vén de rematar estas actuacións, nas que investiu 25.000 euros e coas que multiplicou por 10 a capacidade hidráulica de dita infraestrutura co obxectivo de evitar novos derribamentos e garantir a seguridade dos usuarios.

E é que a suba do caudal do regueiro de Santa Comba coas choivas foi deteriorando a ponte ata producirse un socavón no punto quilométrico 0,600 debido ó material e o reducido diámetro das escolleiras coas que contaba esta infraestrutura, segundo constataron os técnicos. “É outra chapuza do Partido Popular á que damos solución. Nós non optamos por facer algo rápido e sinxelo, é dicir, outra chapuza para saír do paso como fan os populares. Fixemos un proxecto técnico no que se estudou ata o posible incremento do caudal do río, garantindo que a ponte resista á maior riada que poida acontecer nos vindeiros anos, segundo mantén a normativa vixente. Para nós o primeiro é a seguridade dos veciños, neste caso a dos máis de 200 usuarios desta infraestrutura que dá acceso a núcleos como Villarquide, Galegos, Praducelo, Courel...”, destacou Martínez.

O organismo provincial supliu as dúas tubaxes de tan só 600 milímetros que constituían a ponte por marcos de formigón armado de 2x3 metros, multiplicando por 10 a súa capacidade hidraúlica. Isto evitará que o caudal sobrepase a infraestrutura, que as pólas se reteñan nas súas escolleiras, así como novos cortes ó tráfico, tal e como acontecía ata entón.

Ademais da complexidadade deste proxecto, a Deputación tivo que solicitar á Confederación Hidrográfica do Norte o permiso necesario para poder iniciar as obras, trámites que demorando o remate destas actuacións hoxe listas.