Deputación de Lugo

130 parados fórmanse na cidade de Lugo nas profesións con máis futuro para a súa inserción laboral

O Deputado de Economía do Coñecemento mantivo un encontro cos últimos 13 desempregados que iniciaron no In Lugo o curso Administrador de servidores e páxinas webO organismo provincial levou á capital luguesa 10 xornadas gratuítas con 3.090 horas teóricas e prácticas en empresas co obxectivo de combater a taxa de paro, que supera o 21% Val Alonso subliñou que os beneficiados reciben 400 euros ó mes, a mesma cantidade da axuda que o Goberno Central ten previsto retirar ós parados. “A tixeira de Rajoy volta a afectar ós desempregados cando se cumpren 3 meses da aprobación da Amnistía Fiscal”

O Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, José Ramón Val Alonso, mantivo este xoves un encontro cos 13 lucenses en paro que comezaron esta semana no In Lugo, o 1º Centro de Innovación Social en Galicia posto en marcha pola institución provincial, situado na segunda pranta da Escola de Imaxe e Son -na rúa Frei Plácido Lemos da capital luguesa-, o curso Administrador de servidores e páxinas web. É a última acción formativa que a Deputación leva á cidade de Lugo coa segunda fase do Pacto Provincial polo Emprego. Mediante esta programación, dotada de 3,5 millóns de euros cofinanciados nun 80% pola Unión Europea, a institución provincial está a celebrar na capital un total de 10 xornadas nas que participan un total de 130 desempregados na provincia.

Os cursos son totalmente gratuítos para os beneficiados grazas ós fondos europeos que o organismo lugués soubo captar para o Pacto, converténdoo no 5º proxecto de toda España e o 1º de Galicia que recibiu o maior importe dentro do Fondo Social Europeo.

As accións formativas versan sobre as profesións detectadas como os novos nichos de emprego en Lugo. Trátanse da atención sociosanitaria e dependentes, sectores con amplas posibilidades laborais nunha provincia coma a lucense, no que preto do 40% da poboación supera os 65 anos; do medioambiente, aposta da institución provincial ante a riqueza natural que supoñen as 3 Reservas da Biosfera, a serra do Courel ou os 100 quilómetros de costa; e das Tecnoloxías e a Comunicación, eixo promotor dos cambios na estrutura económica e social en todos os ámbitos. Por exemplo, os participantes ós que hoxe visitou o Deputado están a profundizar na creación de páxinas web e bases de datos para promocionar e potenciar a actividade de empresas de cara ó incremento dos seus beneficios.

Ademais de clases teóricas –fase actual-, os cursos inclúen -fase posterior- prácticas en empresas da provincia de cara a facilitar a inserción laboral dos beneficiados, facendo fronte á taxa do paro que en Lugo supera o 14% con 25.300 desempregados, preto dun 20% máis que no 2011.

Remuneración de 400 euros mensuais
Durante todo o proceso, os beneficiados recibirán asesoramento personalizado das entidades formativas e unha remuneración de 400 euros ó mes, “unha axuda imprescindible para os parados, uns dos máis afectados polos últimos recortes”, destacou o Deputado. O Goberno Central, subliñou Val Alonso, non ten previsto prorrogar a axuda de 400 euros mensuais que recibían os parados durante os 6 meses nos que seguían un plan de formación que iniciaban tras esgotar a súa prestación por desemprego. Todo isto, cando 1.200 lucenses sofren retrasos no cobro desta axuda e cando outros 10.000 xa non reciben compensación algunha por parte do Estado.

“Mentres se cumpren tres meses da Amnistía Fiscal”
“Mentres se cumpren tres meses da aprobación dunha Amnistía Fiscal coa que o Partido Popular premia ós defraudares, a tixeira de Rajoy volta a afectar a un dos sectores máis favorecidos: ós parados. Non nos esquecemos de que xa lle rebaixou a prestación por desemprego a partires do séptimo mes ou pola pérdida dun contrato a tempo parcial; que diminuíu os beneficiarios da Renta Activa de Inserción; que suprimíu a bonificación do 35% na aportación do traballador á Seguridade Social; que fixo desaparecer o subsidio especial para maiores de 45 e 52 anos; ou que reducíu nun 33% ó límite máximo a aboar por Fogasa no para ós traballadores do importe dos salarios pendentes de percibir. “

A axuda de 400 euros que concede o organismo lugués é compatible coa prestación por desemprego ou con otras axudas públicas sempre e cando no seu conxunto non superen o 75% do Índice Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM).

Máis de 3.000 horas
Os 10 cursos que se imparten en Lugo e que contan cun total de 3.090 horas de formación tanto teóricas como práctica son os seguintes:

Dinamizador de actividades de tempo libre e educativo infantil e xuvenil: con 310 horas, impartidas pola Fundación Lucus Augusti na Praza do Campo 2-3.
Técnico en comercio exterior: con 300 horas, impartidas tamén pola Fundación Lucus Augusti neste caso na avenida das Américas 13-15.
Coidador de dispacacitados físicos e psíquicos: con 200 horas de duración, impartidas por Cruz Vermella, no edificio desta institución na Avenida de Madrid.
Auxiliar de enfermería en xeriatría: con 300 horas, impartidas tamén por Cruz Vermella na súa sede en Lugo.
Atención especializada para enfermos de Alzheirmer: con 250 horas, impartidas pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (GOGAMI), na rúa da Luz 4, no Campus Universitario.
Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centro de xardinería: con 330 horas, impartidas por Unións Agrarias, na rúa Castelao 59 baixo.
Mantedor, reparador de calefacción e auga quente sanitaria: con 350 horas, impartidas pola Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Lugo –APEC- en San Xoan do Alto s/n, en Vilaestevez.
Edificación sostible: con 350 horas, impartidas pola Fundación Laboral da Construción en Galicia, tamén en San Xoan do Alto s/n, en Vilaestevez.
Xestión Comercial de vendas: con 350 horas, impartidas pola Asociación de Mulleres Empresaria –AELU-, no CEI-NODUS, situado na avenida da Coruña 490.
Administrador de servidores e páxinas web: con 350 horas, impartidas pola Fundación Tic, no Claustro de San Francisco de Viveiro.

Máis datos
Son 21 as accións formativas da segunda fase do Pacto Provincial polo Emprego postas en marcha polo de agora. Case o 50% estanse a celebrar na cidade de Lugo, preto do 30% teñen lugar na Mariña (6 cursos) e máis do 20% (5 cursos) no Sur. Os seus participantes suman, polo de agora, 273. Destes, o 47% estanse a formar nos cursos emprazados na capital luguesa, o 29% nos de Viveiro e Xove e o 24% nos de Monforte.

Unha vez que, nas vindeiras semanas, arrinquen a totalidade das acción formativas, serán 340 os lucenses en paro que participan, a custe cero, na programación europea da Deputación. O 30,4% dos beneficiados desta iniciativa a custe cero (102 persoas) son de 14 municipios mariñanos, o 34% (115 alumnos) pertencen a 13 Concellos da Zona Sur. Por volume de alumnos, as seguintes comarcas son: A Terra Chá, co 15% (51 persoas) de 11 localidades; Lugo, con 36 persoas de 5 Concellos; A Montaña, con 29, de 6 municipios; e A Ulloa, con 7, das tres localidades que conforman a comarca.