Deputación de Lugo

Besteiro apela nas Xornadas Xurídicas de Sarria ó compromiso político e xurídico para superar a incerteza socioeconómica

Imaxe deputación de lugo
O Presidente participou na inauguración do congreso, co que a Deputación colabora dende a primeira edición, destacando a gran proxección que lle outorga á provincia “al situarla en el mapa jurídico español”O Dereito de Sucesións centra este ano o encontro, que inclúe catro conferencias e outras tantas mesas redondas a cargo de profesionais de primeiro nivel, catro deles maxistrados do Tribunal Supremo

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, participou este venres na inauguración da sexta edición das Xornadas Xurídicas de Sarria, que organiza o Concello, en colaboración co Foro Xurídico Diego Pazos. Gómez Besteiro apelou no acto ós “compromisos persoales” no ámbito político e xurídico “para operar cambios globales” que consigan superar o actual contexto de incerteza socioeconómica. O mandatario provincial amosou a súa satisfacción por participar nas xornadas, xa que o organismo que preside apoiou economicamente este foro dende o seu inicio. O mandatario provincial subliñou que o encontro “constitúe con toda seguridad el acontecimiento científico-formativo más importante que se celebra en esta provincia en el ámbito del Derecho”, e, neste sentido, fixo un especial recoñecemento a Román García Varela, maxistrado emérito da Sala Primeira do Tribunal Supremo, “por su generoso y permanente esfuerzo para situar a Sarria, y con ella a la provincia de Lugo, en el mapa jurídico español”.

O Dereito de Sucesións centra este ano o foro, que inclúe catro conferencias e outras tantas mesas redondas a cargo de profesionais do ámbito xurídico de primeiro nivel, entre eles catro maxistrados do Tribunal Supremo. O Presidente destacou que a institución da sucesión xoga “un papel muy importante en la configuración de un determinado modelo de sociedad, dotando de la necesaria seguridad jurídica a las relaciones sociales. La seguridad jurídica juega un papel fundamental en el mantenimiento del orden social, hoy probablemente más que nunca, dada la situación de incertidumbre en la que nos hayamos inmersos”. “Es condición necesaria de la libertad e igualdad en la medida en que hace posible una convivencia con garantías”, engadiu.

No acto da inauguración das xornadas, celebrado na Casa do Concello, estiveron presentes o Alcalde de Sarria, José Antonio García; o Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda Valenzuela; o Subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo Páez; o Presidente do Tribunal Constitucional, Pascual Sala Sánchez; o Fiscal Xeral do Estado, Eduardo Torres-Dulce; o Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas Sobreira; o Presidente da Sala Primeira do Tribunal Supremo de Galicia, Juan Antonio Xiol Ríos; o Vogal do Consello Xeral do Poder Judicial, Claro José Fernández Carniceiro; e o Conselleiro Permanente do Consello do Estado, Fernando Ledesma.

Hoxe tamén se celebraron as conferencias “O presente e o futuro do Dereito de Sucecións; casos e cousas da lexítima”, a cargo do maxistrado da Sala Primeira do Tribunal Supremo (TS) e Catedrático de Dereito Civil, Xavier O´Callaghan Muñoz; e “A capacidade para testar. O testamento. Clases. A institución do herdeiro. Lexítimas e melloras. Xurisprudencia do Tribunal Supremo”, por Antonio Salas Carceller, tamén xurista do TS, ademáis das mesas redondas “A dimensión constitucional do Dereito de Sucesións”; “A sucesión herdada e o dereito fiscal. A práctica notarial na sucesión intestada”; “Revocación e ineficacia dos testamentos. A desherdanza”; e “A participación da herdanza. Procedimiento divisorio”.

O encontró terminará mañá coas conferencias “A lexítima no Dereito Civil de Galicia”, a cargo de Pablo Ángel Sande do TSXG; e “A responsabilidade civil por evicción no Dereito de Sucesións”, con Francisco Javier Orduña do TS. A clausura está prevista ás 13:30 horas, acto no que participará a Vicrepresidenta da Deputación, Lara Méndez.