Deputación de Lugo

A Deputación publica na web as notas do primeiro exame de acceso ás 70 novas bolsas de emprego que ofrece

Imaxe deputación de lugo
O proceso para elixir ós bolseiros continuará, como recollen as bases, coa baremación dos méritos acreditados e unha entrevista persoalOs beneficiarios mellorarán as súas posibilidades de inserción laboral tras facer prácticas en empresas de Alemaña, Austria, Italia, Portugal, República Chega, Reino Unido e Irlanda

A Deputación de Lugo publicou este venres na súa web www.deputacionlugo.org as notas da primeira proba do proceso de selección dos 70 beneficiarios das novas bolsas de emprego que a institución provincial ofrece a mozos titulados lucenses, tanto pola Universidade, como en FP, co obxectivo de que melloren as súas posibilidades de inserción laboral en Lugo tras facer prácticas en empresas europeas. Tan só tres días despois de que os 134 xóvenes aspirantes fixesen dita proba, consistente nun cuestionario tipo test, o organismo provincial fai públicos os resultados. O proceso para elixir ós bolseiros continuará, tal e como recollen as bases, coa baremación dos méritos acreditados polos aspirantes e unha entrevista persoal.

A lista de admitidos definitivamente publicarase no Taboleiro de Anuncios de Deputación e Fundación TIC, e na web do organismo provincial (www.deputacionlugo.org) Ó longo do mes de novembro tramitarase a documentación para que os mozos seleccionados poidan partir en xaneiro ó país de destino, onde recibirán formación ata finais de maio, principios de xuño.

Loita contra o desemprego

Os beneficiarios teñen nestas novas becas unha oportunidade das que cada vez existen menos polo descenso do investimento neste ámbito, dun 3,8% a nivel nacional para o 2013, e unha ferramenta para loitar contra o desemprego, que subiu ata as 25.239 persoas en Lugo en setembro, un 2% máis que en agosto e un 13% máis que hai un ano, sendo a provincia galega cun maior incremento, tanto intermensual, como interanual.

A Deputación ofrece 70 becas enmarcadas no programa europeo Leonardo da Vinci, de dous tipos:

As Lugojob: 50 becas para lucenses menores de 35 anos con formación universitaria relacionada cos seguintes sectores: agricultura, silvicultura, pesca, protección do medio ambiente, turismo, informática e ciencias da vida. Lugojob ofrécelles prácticas en empresas de Alemaña, Austria, Italia, Portugal, República Checa, Reino Unido e Irlanda durante 3 meses e medio. Cada un dos sectores deste programa de bolsas ten 20 prazas e, tal e como recollen as bases, se nalgúns deles non se cobren as vacantes, poderanse completar cos candidatos doutros sectores, sempre que do seu currículo se evidencie a compatibilidade co novo sector adxudicado, e previa conformidade do solicitante.

As TIC Lugo: a Fundación TIC, como organismo provincial especializado no desenvolvemento das tecnoloxías da Información e da Comunicación, xestiona 20 becas para lucenses menores de 30 anos, que nos últimos tres anos remataron os seus estudos na Escola de Imaxe e Son da TIC. Ticlugo ofrécelles prácticas en empresas de Portugal, Italia e Irlanda durante 3 meses.

Preto de 150 becas

Con estas 70 novas becas, serán preto de 150 as que leva impulsado a Deputación para abrir novas oportunidades laborais ós mozos lucenses. Deste xeito, ademais das 18 do programa Lug02, centradas en profesións relacionadas co medio ambiente, o organismo provincial ofreceu 24 para formar a guías medioambientais especializados nas Reservas da Biosfera; e desenvolveu 30 de innovación, pioneiras en Lugo neste sector; e 5 de artesanía e deseño.