Deputación de Lugo

Vendidos dez dos once exemplares presentados á poxa de hoxe na Granxa Gayoso Castro

Acruga valorou positivamente os resultados desta segunda subasta celebrada en Castro onde o prezo medio acadou os 1.965 euros

O centro de recría da Granxa Gayoso Castro, en Castro de Ribeiras de Lea, acolleu hoxe a que é a segunda poxa de Acruga celebrada nestas instalacións, dependentes da Deputación de Lugo, con moitísma asistencia de gandeiros de toda a provincia. A poxa rematou con bos resultados xa que se vendero dez dos once animais presentados a subasta, acadando un prezo medio de 1.965 euros. O certame contou coa presenza do Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Deputado de Economía Rural e do Mar, José Fernández.

Responsables de Acruga explicaron que “dada a grande afluencia de público e as 23 tarxetas retiradas antes de comezar a poxa, esperaban unha subasta algo máis animada, con máis competencia á hora de poxar polos animais, pero vendéronse todos os exemplares e só quedou deserto un, polo que, tendo en conta a situación económica actual, estamos satisfeitos”.

Aínda que 23 gandeiros retiraron as súas tarxetas, os dez exemplares subastados foron adquiridos por seis gandeiros, con explotacións en Baleira, Becerreá, Baralla, Castroverde, Lugo e O Corgo.

A vindeira cita para poder comprar novillas de raza rubia galega será o próximo sábado, día 20, no mercado gandeiro de Adai, no Corgo, onde levaranse á subasta uns 15 animais, propiedade de gandeiros de rubia, ademais dalgúns exemplares pertencentes a Acruga. A poxa comezará ás 12.00 da mañá e a retirada de tarxetas poderá realizarse a partir das once no mesmo mercado gandeiro, no stand de Acruga.