Deputación de Lugo

A Deputación busca incrementar a comercialización da castaña autóctona en establecementos hostaleiros da provincia

Gómez Besteiro participou na xornada Potenciación da castaña onde hostaleiros lugueses desgustaron pratos feitos con castañas de produtores da provincia para incorporalos ós menús dos seus negociosA institución aumentará ademais os ingresos destes profesionais coa distribución gratuíta de 52.500 unidades de produtos autóctonos para a súa venda en hoteis, balnearios ou paradores luguesesO organismo provincial tamén mantén un convenio con Alibós que permite a produtores da castaña en Lugo incrementar as súas colleitas uns 30.000 quilos, que comercializa dita empresa de Monterroso

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Presidente da Asociación de Produtores e Exportadores de Produtos Agrosilvestres de Galicia –Proagrosilga-, Xesús Quintá, e o Presidente da Asociación de Empresarios de Hostalería de Lugo, Cheché Real, xunto con hostaleiros e produtores da castaña lugueses, participaron este mércores no Hotel Méndez Núñez na xornada Potenciación da castaña. É a iniciativa organizada pola institución provincial para dar conta da calidade deste froito en Lugo a propietarios de establecementos lugueses, co obxectivo de incorporalo ós menús dos seus negocios. Esta xornada enmárcase no convenio do organismo provincial co Ministerio de Mediambiente -dotado de 1 millón de euros, cofinanciados nun 66% por fondos estatais- para o desenvolvemento de actividades que xeren riqueza na provincia co impulso dos recursos naturais. Con esta degustación da castaña, a Deputación busca incrementar a comercialización deste froito, xerando novos beneficios tanto ós seus produtores como ós hostaleiros debido á calidade garantida dos seus pratos coa castaña autóctona.

Lugo concentra o 30% da produción deste froito en Galicia, é dicir, unhas 4.500 toneladas de castañas que, segundo os expertos, destacan pola súa excelente calidade debido ás condicións edafoclimáticas e ó terreo agrícola e forestal da provincia, que favorecen o seu desenvolvemento. A produción deste froito adoita ser unha actividade complementaria dos produtores lucenses. Non obstante, durante as recolleitas, que vai dende xaneiro a outubro, requírese do traballo dunhas 2.000 persoas, xerando novos postos de emprego na provincia.

Recetario

A xornada de Potenciación da castaña, que arrincou ás 20:00 horas, consistiu na desgustación de pratos elaborados a base de castañas de produtores lucenses, que cociñou o lugués Héctor López, chef Premio Nacional de Gastronomía 2008, así como propietario do establecemento recoñecido como o Mellor Restaurante de Galicia 2007. A Deputación elaborou un recetario que recolle todos os manxares degustados hoxe (pan de castañas millo, croquetas de castañas, caldo, fideos con castañas e peixe sapo, tenreira con castañas e cogomelos, corzo ó viño con puré de castañas, polo con castañas, feixóns secos con castañas, cremas de grelos con castañas, pastel de castañas, flan de castañas, filloas de castañas, licor de castañas....) e que lle foi entregado ós participantes nesta iniciativa.

52.500 unidades

No hotel Méndez Núñez estiveron ducias de produtores e hostaleiros lugueses ós que a Deputación busca xerar novos ingresos. Outro exemplo disto é que a institución ten en marcha un plan de promoción de produtos autóctonos, como por exemplo a castaña, mediante o cal distribuirá a lo menos 52.500 unidades en hoteis, balnearios ou parados da provincia. A Deputación asume con fondos europeos o custe deste proxecto, supoñendo gastos cero para estes profesionais ós que si lles garante beneficios económicos.

Outra iniciativa en impulso da castaña

Tendo en conta as oportunidades económicas que xera en Lugo a produción da castaña, a institución tamén mantén un convenio de colaboración con Alibós Galicia, empresa con sede en Monterroso cuxo xerente tamén é Xesús Quintá. É dicir, é o Presidente de Proagrosilga, o colectivo que aglutina ó maior número de produtores da castaña en Galicia, así como Presidente do Consello Regulador de Indicación Protexida da Castaña da Comunidade galega. Por este motivo, foron os socios lucenses desta asociación, presentes na xornada, os que proporcionaron castañas á Deputación para degustalas este mércores co fin de colaborar co maior número destes profesionais na provincia. Co convenio con Alibós, o organismo provincial permite os produtores lugueses recuperar máis de 200 heztáreas de terreo en diferentes Concellos da provincia, plantando novos soutos e aumentando as súas colleitas uns 30.000 quilos ó ano que comercializa Alibós, garantíndolles máis ingresos.