Deputación de Lugo

A Escola de Imaxe e Son comeza mañá as probas para atopar ós protagonistas da súa curtametraxe VHS

Imaxe deputación de lugo
Os alumnos das EIS organizan este mércores, entre as 17:00 e as 20:00 horas, un cásting para homes de 20 a 45 anos e mulleres de 18 a 30 do que sairán os tres protagonistas da curta VHS, que eles dirixen e producen. Máis información na sede da Fundación TIC –Rúa Frei Plácido Rei Lemos, s/n- ou no teléfono 982 284 667

Os alumnos da Escola de Imaxe e Son, dependente da Fundación TIC, andan á procura dos que serán os tres protagonistas da curtametraxe VHS, na que os propios alumnos exercerán as labores de dirección e produción. Para elo, poñerán en marcha este mércores un cásting no que poderán participar todos os lucenses que o desexen, e que se celebrará nas instalacións da Fundación TIC, entre as 17:00 e as 20:00 horas.

Deste cásting, dirixido a homes de entre 20 e 45 anos e mulleres de 18 a 30 anos con ou sen experiencia previa ou formación interpretativa, sairán os encargados de dar vida ós personaxes principais desta curta de xénero cómico, cuxa acción trancorre nun cineclube de barrio, no que estes terán a misión de atopar unha cinta para un cliente.

Para máis información, os interesados poden dirixirse ás instalacións da Fundación TIC, situadas na rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n, ou ben no teléfono 982 284 667.