Deputación de Lugo

Alfredo Llano participa na homenaxe ó intelectual galeguista Fernández del Riego en Lourenzá

Imaxe deputación de lugo
A ofrenda floral que se celebrará este tarde en Vilanova é o primeiro dunha serie de actos en recordo de Del Riego con motivo do centenario do seu nacemento

O Deputado provincial Alfredo Llano participará na homenaxe ó intelectual galeguista Francisco Fernández del Riego que se celebrará esta tarde en Lourenzá con motivo do centenario do seu nacemento. O acto consistirá nunha misa ás 18:00 horas na igrexa de Santa María de Valdeflores e nunha ofrenda floral ante o busto de Del Riego, situado na Praza do Conde Santo de Vilanova, a capitalidade do municipio laurentino. Seguidamente, proxectarase no Salón de Actos da casa consistorial o documental sobre a figura do galeguista Pegadas na memoria, editado pola TVG.

Este é o primeiro dunha serie de actos que se irán sucedendo ó longo deste 2013 en recordo de Fernández del Riego, nomeado Fillo Predilecto de Lourenzá no ano 2001 e finado hai dous anos.