Deputación de Lugo

A Deputación intensifica a súa actividade en 40 estradas provinciais de 14 Concellos por neve e desprendementos

102 traballadores e 54 vehículos despexan vías con ata 30 centímetros de neve no Courel, Pedrafita, Cervantes, Triacastela, Pobra do Brollón, Vilalba, Baleira, Negueria de Muñiez e BecerreáEste operativo tamén actúa en viales do Valadouro, A Pontenova, Outeiro de Rei e Cospeito, afectadas por desprendementos de terra ou pólas debido a asolagamentosGómez Besteiro supervisou o intenso traballo que desenvolve a Deputación e que fai prever que queden transitables todas as estradas provincias este mediodía sempre que o tempo non empeore

O dispositivo de emerxencias da Deputación intensifica a súa actividade nos 14 Concellos da provincia onde se rexistran as incidencias de maior gravidade por mor do temporal. Son os municipios do Courel, Pedrafita, Cervantes, Triacastela, Pobra do Brollón, Vilalba, Baleira, A Fonsagrada, O Valadouro, A Pontenova, Outeiro de Rei, Negueira de Muñiz, Becerreá e Cospeito, nos que hai 40 estradas provincias con neve, ou nas que se produciron desprendementos.

O organismo provincial distribuíu pola provincia 102 traballadores e 54 vehículos que neste intre despexan as 34 vías, que presentan acumulacións de neve de ata 30 centímetros. Estas son as seguintes: no Courel, CPs 1303, 1306, 5004 e 5601. Segue cortado un treito da 1301, en Seone, por danos estruturais; en Pedrafita, CPs 3701, 4501, 4502, 4503, 4504, e 4505; en Cervantes, CPs 1405, 1412, 4504, 1401 e 0702; en Triacastela, CP 6201; Pobra do Brollón, CPs 4701, 4707 e 4706; en Vilalba, CP 6502; en Baleira, CPs 0401, 0403, 0404, 0407, 0408 e 0409; A Fonsagrada, CPs 1901, 4606, 1906, 1903 e 1901; en Negueira de Muñiz, CPs 3601 e 3602; e en Becerreá, CPs 0708.

Os outros 5 viales nos que está a actuar o operativo da Deputación sitúasen no Valadouro (CP 6304), A Pontenova (CP 4803), Outeiro de Rei (CP 3906) e Cospeito (CPs 1611 e 1701). En todos os casos, houbo asolagamentos que provocaron desprendementos de terra e pólas, afectando a estas estradas que, a esta hora, xa se atopan parcialmente despexadas.

Previsión

O intenso traballo que a Deputación está a levar a cabo na rede viaria provincial, a máis extensa de España, superando os 4.000 quilómetros, e que foi supervisado polo Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, fai prever ó organismo lugués que se poida transitar por todas as estradas baixo a súa responsabilidade este mediodía, sempre que as condicións metereolóxicas non empeoren.