Deputación de Lugo

A Deputación denuncia que 7.000 familias lucenses repagarán o comedor escolar, prexudicando especialmente ás do rural

Representan o 43% das máis de 16.000 familias que xa non terán gratis esta prestación por vivir a unha distancia mínima de dous quilómetros do centro educativo debido á “nova imposición da Xunta”García Porto subliña que con este recorte “Feijóo volve a discriminar ós veciños do rural como fixo co desmantelamento de Preescolar na Casa ou coa supresión de 40 unidades escolares e 54 profesores”A vicevoceira salienta que o PP impoñía ós alumnos da Escola de Imaxe e Son o pago de 3.000 euros por estudar mentres que este Goberno Provincial estableceu matrícula gratis agás para repetidores

A vicevoceira provincial socialista, Pilar García Porto, denunciou hoxe “o desmantelamento da educación pública que está a facer a Xunta, máis grave aínda no rural lugués, que Feijóo parece querer despoboar definitivamente xa que agora vai a obrigar a 7.000 familias lucenses, na súa maioría residentes nas zonas rurais da provincia, a repagar polo comedor escolar dos sus fillos”. García Porto remarcou que o Goberno galego xa non terá en conta o feito de vivir a unha distancia mínima de dous quilómetros do centro educativo para ofrecer esta prestación gratis porque decidiu impoñer o seu repago ó 43% das máis de 16.000 familias lucenses que, segundo datos oficiais, empregan hoxe os comedores escolares públicos.

A Deputada subliñou que “esta recorte supón un novo ataque á educación pública, así como unha nova discriminación ós veciños que viven no rural, ós que Feijóo lles impón os mesmos deberes que ós cidadáns que viven na Coruña ou Pontevedra e non así lles garante os mesmos dereitos”. Neste senso, García Porto salientou que “isto súmase ó desmantelamento de Preescolar na Casa, un programa que beneficiaba a 900 nenos en Lugo, dos que o 90% son dos rural, é dicir, uns 630 pequenos de entre 0 a 3 anos; á supresión de 40 unidades escolares e 54 prazas de mestres nos colexios de Lugo, principalmente, nos situados no rural; ou os recortes nas gardería públicas, que deixando sen praza a máis de 700 lucenses”.

Servizos sociais máis caros no rural

A vicevoceira denunciou que a Xunta ataca “día si e día tamén os servizos sociais dos cidadáns, con máis e máis recortes que afectan, en maior medida, ós veciños do rural. Desmantela a sanidade na provincia coa supresión das áreas sanitarias dos Hospitais Da Costa e de Monforte, obrigando ós 120.000 usuarios destes centros a desprazarse á capital, ofrecéndolles unha sanidade pública máis cara e menos universal. Desmantela a educación, aniquilando prestacións no rural e facendo que a educación pública tamén sexa máis cara para os veciños que viven nestas zonas que para os das cidades. Feijóo ataca claramente ós rural, priorizando as cidades e establecendo cidadáns de primeira e segunda clase. As administracións están para garantir prestacións a todos os veciños, vivan onde vivan”.

Matrícula gratis fronte a 3.000 euros

García Porto avogou por unha educación pública de calidade e accesible e puxo como exemplo a Escola de Imaxe e Son da Deputación, o único centro público na provincia luguesa que imparte ensinanza superiores no eido audiovisual. “Cando chegamos ó Goberno provincial, o Partido Popular obrigaba ós alumnos deste centro a pagar 3.000 euros nos dous anos de estudo, facendo que quedasen ducias de prazas libres. Nós establecemos a matrícula gratis agás para repetidores, facendo que se cubrisen todas as prazas, quedando xente en lista de espera. Isto si é educación pública, señor Feijóo”.