Deputación de Lugo

O Centro de Interpretación Terras do Miño acolleu unha conferencia sobre os humedais da Reserva de Terras do Miño

Os asistentes á charla impartida polo biólogo Manuel Antonio Rodríguez Guitián aprenderon acerca do destacado papel que xogaron lagoas e mananciais para acadar a declaración de Terras do Miño como territorio reservado por parte da Unesco A seguinte conferencia, o vindeiro 25 de abril, estará a cargo do zoólogo Jesús Domínguez Conde e abordará a importancia desta Reserva para a conservación da población de determinadas especies de aves no territorio da Península Ibérica Os interesados en inscribirse en calquera das actividades gratuítas que se celebrarán no Centro de Interpretación ata o mes de xuño poden facelo a través de www.deputacionlugo.org

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, asistiu este xoves á conferencia celebrada no Centro de Interpretación Terras do Miño, Lagoas e mananciais na Reserva da Biosfera Terras do Miño: introdución á súa tipoloxía e valores ambientais, coa que a Deputación dá comezo ás actividades programadas para o segundo trimestre do ano neste Centro e coas que a institución provincial quere fomentar a formación medioambiental e implicar ós lucenses na conservación do seu medio natural.

O experto realizou unha introdución ós medios lacustres da provincia e, en particular, ós incluídos dentro dos territorios da Reserva. Aportando exemplos das diferentes tipoloxías existentes dende o punto de vista hidrolóxico, Guitián mencionou os principais valores ambientais que aportan estes humidais ó medio natural lucense. Falou, por exemplo, acerca dos “Ollos de Begonte”, lagoas de gran importancia dende o punto de vista medioambiental e etnográfico.

Durante a súa intervención, Guitián destacou o papel que a pedra e o auga xogaron para a declaración de Terras do Miño como Reserva da Biosfera por parte da Unesco, xa que ambos son elementos básicos para a conformación deste territorio. Este é un tema do pode falar amplamente Manuel Rodríguez Guitián, xa que foi un dos expertos encargados de redactar algúns dos proxectos presentados pola Comunidade galega á Unesco.

As aves, o día 25 de abril

A seguinte actividade programada é outra interesante conferencia, neste caso centrada no mundo animal. O zoólogo Jesús Domínguez Conde ofrecerá Importancia da Reserva da Biosfera Terras do Miño para la conservación de la población ibérica de Zarapito Real (Numenius arquata). O zarapito real é unha ave que se localiza exclusivamente en zonas da Terra Chá e que está incluída dentro da lista de especies en peligro de extinción. A súa zona de reprodución actual é a do interior da Reserva de Terras do Miño, polo que a importancia deste territorio para a conservación dunha especie única en España é indubidable.

Jesús Domínguez Conde é profesor titular de Zooloxía na Universidade de Santiago de Compostela. A súa investigación está centrada nas aves acuáticas presentes nos humidais galegos e en áreas protexidas. Autor de numerosas publicacións e artigos en revistas científicas, actualmente Domínguez Conde forma parte do Consello Reitor da Reserva da Biosfera Terras do Miño e do Observatorio Galego de Biodiversidade.

Como anotarse

Os interesados en acudir a calquera destas actividades poden facelo a aravés da páxina web www.deputacionlugo.org