Deputación de Lugo

A Deputación celebra o Día da Muller con 8Mulleres, exposición multidisciplinar de arte en feminino na Capela de Santa María

Polín presentou hoxe 8Mulleres, mostra que abrirá as súas portas o vindeiro día 7 formando parte dos actos organizados en Lugo en conmemoración do Día da Muller A mostra reúne 40 obras de fotografía, vídeo, pintura, cerámica e cestaría realizadas por 8 mulleres que reflexionan sobre o mundo e a creación artística8-M permanecerá aberta ata o vindeiro día 14 de abril, nos horarios seguintes: de luns a venres, de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas; sábados, de 17:00 a 20:00 horas e domingos de 11:00 a 14:00 horas. A entrada é totalmente gratuita.

A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, presentou este mércores 8Mulleres, a nova exposición que a Deputación de Lugo inaugura o xoves 7 de marzo na Capela de Santa María, e que inclúe traballos realizados, baixo diferentes disciplinas artísticas, por oito novos talentos artísticos da provincia, todas elas mulleres. Esta mostra está enmarcada nos actos conmemorativos do Día Internacional da Muller, que este ano está especialmente adicada ás mulleres do mundo do arte e da cultura.

Durante o acto de presentación, que contou coa presenza da Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, de Carmen Granxeiro, comisaria da exposición, Polín destacou que a Capela é un espazo aberto a todos, pero nesta ocasión acolle traballos feitos por mulleres, “a modo de particular homenaxe a todas as mulleres a través destas oito artistas que reflexionan sobre elas mesmas e sobre o mundo que as rodea”. A Deputada lembrou que as artistas presentes na mostra son “desconocidas para o gran público que terán a oportunidade única de amosar a súa capacidade de creación”. Esta mostra ocupa o espazo que vén de ocupar Pasado e presente da olería en Lugo, homenaxe ós “cacharreiros” das catro comarcas oleiras da provincia, que vén de clausurarse e que foi visitada por case 1.000 persoas dende a súa inauguración, o pasado 30 de xaneiro.

Pola súa banda, Ana González destacou que o 8 de marzo “é o noso día, no que debemos reivindicar a defensa das políticas de igualdade” e que “a reducción nos Presupostos do Estado da partida adicada a igualdade confirma que a mellora dos dereitos das mulleres non son unha prioridade para o Goberno de Rajoy”. Por este motivo, González Abelleira esixiu a “paralización dos recortes nos servizos públicos que destrúen empregos ocupados por mulleres e impoñen unha volta a un modelo de familia patriarcal”.

8 mulleres

8Mulleres, nome da exposición que fai referencia non só ás mulleres, senón tamén ó día 8 de marzo, data na que se conmemora o Día da Muller, é unha exposición multidisciplinar que recolle traballos de artistas nacidas en Lugo ou que por diversas circunstancias manteñen unha estreita relación coa provincia.

As obras, que destacan pola súa orixinalidade, son unha mostra do traballo de Olalla Castro, Polo, Sandra Lodi, Lola Tourón, Carmen PG Granxeiro, Eva Méndez, María Mata e Cristina Sánchez Legido, que amosan 40 obras en soportes coma vídeo, fotografía, pintura, escultura ou mesmo cerámica e cestaría, coas que estas oito artistas reflexionan sobre o papel das mulleres no mundo e na cultura, así como sobre a súa propia natureza.

Horarios da exposición

A exposición que hoxe se presentou abrirá as súas portas este xoves, ás 19:30 horas. Ata o 14 de abril, todos os que desexen achegarse ata a Capela de Santa María poderán facelo no seguinte horario: de luns a venres, de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 hoas; sábados, de 17:00 a 20:00 horas e domingos de 11:00 a 14:00 horas. A entrada é totalmente gratuita.