Deputación de Lugo

Centos de persoas seguen a 1º xornada de #INLUGO, o congreso que reúne na provincia á elite nacional de Internet

Participantes e invitados de toda España encheron o Salón de Actos da Deputación con motivo do I Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais, que tamén se retransmitiu en Internet Gómez Besteiro destacou o papel das novas tecnoloxías para acadar “un Goberno aberto, unha nova forma de participar na xestión do público, do que é de todos. Non teñamos medo a innovar”Prestixiosos profesionais como Francisco Polo, director para España de change.org, participarán na xornada de mañá, que arrincará ás 11:30 horas para rematar ás 20:00 coa entrega dos premios #INLUGO

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou este venres #INLUGO, o I Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais que se celebra na provincia luguesa e que aspira a converterse no principal encontro de referencia en Galicia xa que na actualidade non existe ningunha iniciativa destas características na Comunidade galega. Prestixiosos profesionais como Sebastián Muriel, director de Desarrollo Corporativo de Tuenti, ou Mario Tascón, socio director de Prodigioso Volcán e responsable de “Manuel del español para Internet, redes sociales y nuevos medios”, foron algúns dos poñentes desta primeira xornada de #INLUGO, que seguiron centos de persoas. Participantes e invitados de toda España encheron o Salón de Actos da Deputación, con capacidade para case 200 persoas, con motivo deste primeiro congreso, que tamén se retransmitiu dende Internet, en www.deputacionlugo.com, grazas á colaboración dos alumnos da Fundación TIC.

Gómez Besteiro destacou que o “esforzo” que se está a facer dende a Deputación para potenciar as novas tecnoloxías na provincia, creando prazas e xardín wifi, implantando a administración electrónica ou con presupostos participativos, equipamento, formación e asesoramento personalizado a Concellos e empresas. O Presidente subliñou que “igual de importante é chegar á cidadanía. Por iso, este fin de semana reunímonos para saber que supón Internet nas nosas vidas”. Neste senso, o titular provincial fixo unha reflexión sobre o Goberno aberto e a comunicación na rede, ligándoas ó sistema democrático. “Fronte ós que din que a esta sociedade e ós máis novos non lles importa a política, creo que si lles importa pero reivindican outras formas. Por elo, apostar polo Goberno aberto é unha nova forma de participar na xestión do público, no que é de todos. Aproveitando a intelixencia colectiva, non teñamos medo a innovar. Tedes que axudarnos a formular as preguntas axeitadas e encontrar as novas respostas a estas preguntas. A Deputación de Lugo tamén quere aprender polo que espero que este congreso no axude”, remarcou.

Xornalismo e Internet

O primeiros dos temas tratados hoxe foi Periodismo en Internet. Para elo, celebrouse unha mesa redonda, moderada polo xornalista de El Progreso Ángel Vaqueiro, na que tamén interviron Nacho de la Fuente, un auténtico xornalista 2.0, responsable das redes sociais da Corporación Voz, e profesor de Social Media no Instituto de Formación Financeira e Empresarial (IFFE); Pilar Portero, unha activista do xornalismo 2.0, colaboradora de Huffington Post, Zoomnews e Interviu, e autora do libro Héroes Sociales 2.0; e Xabier Sanmartín Cuevas, un apaixonado da súa profesión, o periodismo, en calquera das súas vertentes. É autor do libro Nuevas tecnologías, cómo entenderlas... Hoy el futuro ya es presente, primeiro ebook da prensa en Galicia.

Sebastián Muriel e Mario Tascón

Un dos protagonistas desta xornada foi Sebastián Muriel, director de Desarrollo Corporativo de Tuenti, que precisamente falou sobre esta rede social que revolucionou España, que conta con 13 millóns de usuarios, 40.000 millóns de páxinas vistas ó mes e un dos niveis de engagement máis altos do sector (de media máis de 100 minutos ó día). El futuro ya está aquí, foi o nome da ponencia de Mario Tascón, gurú dos medios dixitais e redes sociais, e especialista tamén en contidos adaptados a todo tipo de soportes (dende web a tabletas), visualización, periodismo de datos e novas narrativas. Participa activamente en Twitter, onde destaca como un gran tweetgrafólogo.

Turismo e humor

Turismo e Internet, foi o tema abordado por coñecidos blogueiros de viaxes e profesionais do sector como: Gonzalo Moreno, especializado en marketing on line, é a persoa encargada da xestión da comunidade de minube.com e da súa actividade en redes sociais; Mario Silva, profesional do turismo desde 1996 que con 22 anos creou a súa propia axencia de viaxes. Actualmente forma parte do proxecto nomaders.com, co que buscan que cada viaxe sexa unha experiencia enriquecedora e única; Roberto Santos: A súa carreira profesional discorreu cerca das redes, de Internet, do software e dos dispositivos. Traballou co software libre na súa vertente técnica, metodolóxica, ou xurídica, entre outras; e Victoria Rodríguez: coñece a industria turística ó detalle. Non en balde leva máis de 20 anos desenvolvendo diversas tarefas como axente de viaxes, operadora de servizos, atención VIP, tour condutor, organización de eventos ou docente en FP. Traballou en EE.UU., Italia, Israel e varios países de Latinoamérica. O encargado de poñer o broche final á xornada deste vernes foi Víctor Grande, showman que ofreceu o monólogo Humor 2.0.

Programa de mañá

#INLUGO continúa mañá a partires das 11:30 horas e ata as 20:30 horas. Ó igual que hoxe todos os interesados poderán seguilo en directo dende www.deputacionlugo.org. A programación é a seguinte:

11:30 HORAS: Lugo en la Red. Presentación de empresas, iniciativas y proyectos relacionados con la rd y con ADN lucenses con Kenia González, de Sientegalicia.com (@SienteGalicia); Roi Correa, de Menus.es (menus­­_es); Eliseo Real, Verónica Vilar y Alba Vilar, de Lugotea.com (@lugotea); e Juan Carlos Araujo, de Inteligencia Visual (@intelvisual).

12:30 HORAS: Disrupción positiva, con Francisco Polo (@francispolo) Director para España de change.org.

13:30 HORAS: Mesa redonda Marca y estrategia en Internet, coa participación de coñecidos profesionais no sector dixital e marketing on line: Vilma Núñez (@Vilmanunez) de Muwon; María Feijoo (@mfeijoo) de Antevenio; Ramón Puchares (@madclimber) de Unidad Editorial; e Rafa Osuna (@RafaOusna) de Tuidon.

16:30 HORAS: Lo bueno, si es breve...10 ponencias de 15 minutos con Juan García (@blogoff), formador TIC e empresario; Óscar Reboiras (@quecheparece), comunity manager de R; Javier Pedreira (@wicho), cofundador de Microsiervos; Jacobo Lázare (@jacobo­_lazare), de Disco Azul; Alfonso Alcántara (@yoriento), experto en coaching y empleo 2.0; Pablo Herreros (@pabloherreros), periodista, comunicador y profesional Social Media.

18:30 HORAS: Lo bueno, si es breve...10 ponencias de 15 minutos con Clara Grima (@ClaraGrima), profesora titular da Universidade de Matemática Aplicada de Sevilla; Victoriano Izquierdo (@victorianoi), fotógrafo; Rixar García (@taxioviedo); Victor Grande (@vitorgrande), cómico 2.0.

20:00 HORAS.- Entrega dos Premios #INLUGO.