Deputación de Lugo

Aberto o prazo para participar en Imaxinando Cantares Gallegos

Imaxe deputación de lugo
O organismo provincial publicou hoxe en www.deputacionlugo.org as bases deste concurso, aberto a todos os ilustradores e gravadores, co que se rende homenaxe á literatura galega no 150 aniversario da publicación da obra de Rosalía de CastroOs interesados poden presentar dende hoxe e ata o 31 de agosto o seu currículo xunto cunha mostra dos seus traballos. As solicitudes serán, posteriormente, valoradas por unha Comisión de Expertos que determinará a identidade dos finalistasO 6 de outubro, Imaxinando Cantares Gallegos transformará ó Centro de Artesanía e Deseño no espazo de traballo de 32 artistas que compartirán tema de inspiración: os poemas de Cantares Gallegos

A Deputación vén de publicar as bases que rexerán a selección de artistas participantes en Imaxinando Cantares Gallegos, publicación coa que se abre o prazo de presentación de solicitudes. Imaxinando Cantares Gallegos é unha orixinal actividade que rende homenaxe á literatura galega no 150 aniversario da publicación da obra de Rosalía de Castro, que combina literatura e artes gráficas. Terá lugar o vindeiro 6 de outubro, coincidindo co popular Domingo das Mozas, data na que se realiza a tradicional ofrenda á escritora galega.

O organismo provincial publicou hoxe en www.deputacionlugo.com as bases deste concurso, que é aberto a todos os ilustradores e gravadores. Os interesados poden presentar xa e ata o 31 de agosto a o seu currículo xunto cunha mostra dos seus traballos, tal e como indican ditas bases. As solicitudes serán, posteriormente, valoradas por unha Comisión de Expertos, que determinará a identidade dos 32 finalistas.

Unha vez rematado o prazo, esta Comisión reunirase para valorar as obras presentadas. Ademais, para axudar a facer fronte ós posibles custes de desprazamento ou material dos artistas seleccionados, estes percibirán unha achega económica dun 200 euros brutos.

Os artistas cederán gratuítamente a propiedade dos dereitos de autor das obras creadas nesta cita, orixinais e únicas, para que pasen a formar parte dos fondos da institución provincial e poder ser obxecto de futuras exposicións e actividades organizadas a través do Centro de Artesanía e Deseño. Ademais, as obras resultantes ilustrarán unha edición de Cantares Gallegos que será elaborada polos artesáns que traballan no Obradoiro do Libro do CENTRAD.

6 de outubro

O 6 de outubro, Imaxinando Cantares Gallegos transformará ó Centro de Artesanía e Deseño nun espazo de traballo compartido por un total de 32 artistas que sairán dos seus estudos por un día para traballar baixo a atenta mirada do público. Todos eles compartirán tema de inspiración: os poemas de Cantares Gallegos. Os artistas que resulten escollidos desenvolverán o seu traballo nas instalacións do CENTRAD, polas que os visitantes poderán circular libremente para contemplar o proceso creativo dos artistas. Ó mesmo tempo, será unha boa oportunidade para coñecer máis de preto os diferentes obradoiros existentes no Centro.

O institución escolleu o día 6 de outubro, o tradicional Domingo das Mozas, para celebrar estas iniciativa por varios motivos, tal e como explicou a Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín: “ten lugar a tradicional homenaxe a Rosalía de Castro, senón porque é un dos días nos que Lugo recibe máis visitantes chegados de fóra de Galicia, e o noso desexo é que o maior número posible de persoas poidan ser testemuñas do traballo dos artistas galegos e da actividade que, en prol da nosa herdanza cultural, se desenvolve no Centro de Artesanía e Deseño”. Os nenos tamén terán actividades axeitadas á súa idade e capacidades, xa que os responsables do Centro organizarán obradoiros de debuxo, por suposto de temática relacionada coa escritora e a súa obra.