Deputación de Lugo

A Deputación súmase ás condolencias polo falecemento do Alcalde de Baleira

Imaxe deputación de lugo

A Deputación súmase ás condolencias polo falecemento do Alcalde de Baleira, Francisco Acal. O Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, púxose en contacto coa familia do Rexedor para expresar “o máis sentido pésame de toda a Corporación Provincial” polo falecemento do veterano político lugués.

Representantes do Goberno Provincial, como os Deputado Provinciais Manuel Martínez, José Luis Raposo e Álvaro Santos, participarán nos actos relixiosos previstos para mañá logo de trasladarse hoxe polo tanatorio da capitalidade de Baleira, no Cádavo, onde residen os restos mortais do Alcalde.