Deputación de Lugo

Deputación e Plataforma de Preferentes de Lugo esixen que se reabra a vía de arbitraxe para 4.250 estafados na provincia

Fixérono nun acto conxunto no Pazo de San Marcos, no que participaron todos os grupos políticos no organismo provincial, sendo a 1ª vez na historia da Deputación que ocorre isto porque “a situación ben o merece e a unión fai a forza”, destacou García PortoSon 8.978 os veciños da provincia, con aforros en Novacaixagalicia Banco, os estafados coas preferentes, dos que 4.728 entraron na vía de arbitraxe, quedando fóra 4.250 lucenses, dos que todos son aforradores menos 2 inversores, segundo a entidade bancariaA Plataforma de Preferentes de Lugo convoca unha manifestación para mañá, ás 18:00 horas, que partirá dende o multiusos da Xunta, e que secundará o vicevoceira socialista

A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, reclamou este mércores que se reabra o arbitraxe para as máis de 20.000 familias galegas estafadas coas preferentes que, sendo casos similares ós resoltos, non foron chamados a esta vía; a anulación dos artigos da Lei 9/2012, que establecen a quita e o canxe por accións ó definir ós aforradores como inversores, obrigándoos a asumir unha parte do rescate dos bancos; así como o apoio de todos os grupos políticos ás demandas dos lucenses afectados por estas participacións.

García Porto, tamén vicevoceira do grupo provincial socialista, fixo estas reclamacións nun acto conxunto coa Plataforma de Preferentes de Lugo, no que tamén participaron o Deputado de Cultura e voceiro do BNG, Mario Outeiro, e a Deputación popular, Elena Candia, “sendo a 1ª vez na historia do organismo provincial, que se celebra unha rolda de prensa na que participan todos os grupos políticos con representación na institución. A situación ben o merece, e este Goberno Provincial mantén que a unión fai a forza”, subliñou García Porto.

Todos os participantes na convocatoria secundaron a petición de reabrir a vía de arbitraxe. Xabier Novo, representante deste colectivo, remarcou a súa necesidade, apuntando que foron 8.978 veciños da provincia con aforros en Novacaixagalicia Banco os estafados coas preferentes, dos que 4.728 entraron na vía de arbitraxe, quedando fóra 4.250 lucenses dos que todos son aforradores menos 2 inversores, segundo datos da propia entidade bancaria.

Novas manifestacións

Digna Lagarón, tamén integrante deste colectivo, salientou que “vamos a seguir loitando para recuperar o 100% dos nosos aforros”. Por este motivo, a Plataforma ten convocada unha manifestación para mañá, ás 18:00 horas, que partirá dende o multiusos da Xunta na capital luguesa, para a que pediu o apoio das institucións, “xa que de nada serven as palabras, senón van acompañadas de feitos porque moitos lucenses, que están sufrindo serias dificultades, non teñen solucionado este gran problema. Non vamos a parar. O xoves 18 voltaremos a manifestarnos”, adiantou. Pilar García Porto xa confirmou a súa participación nestas convocatorias.