Deputación de Lugo

A Deputación inviste máis de 700.000 euros nas estradas da Terra Chá

O plan de rebacheo atópase na comarca chairega onde se completou a maior parte das obras de melloraA través desta iniciativa revisaranse máis de 700 quilómetros de estradas para os puntos máis castigadosAbadín, Cospeito, Castro de Rei, Vilalba ou Xermade son algúns dos concellos onde xa finalizaron as reformas

A Deputación leva o seu Plan de Rebacheo á comarca da Terra Chá. O organismo provincial leva a cabo obras de mellora das vías provinciais dos concellos de Abadín, Cospeito, Begonte, Castro de Rei, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba, Xermade, Meira, Pol, Ribeira de Piquín e Riotorto. As obras están a piques de finalizar salvo no caso de Meira, o único concello que aínda non executou o plan posto que está previsto que as actividades de acondicionamento comecen o vindeiro día 8 de agosto. . Na Terra Chá foron analizados unha media de 730 quilómetros para facer unha valoración da situación real das estradas e comezar coas obras nos puntos máis perigosos do trazado, achegando máis 700.000 euros. A finalidade do proxecto é mellorar a situación das vías urbanas e interurbanas da provincia para, previr riscos, evitar o éxodo rural e tamén crear postos de traballo, xa que as concesións das obras de reforma van dirixidas a autónomos e pequenas empresas da zona.

Mellora das infraestruturas
A Deputación “fai un grande esforzo” na conservación e mellora da rede viaria provincial, a máis extensa de España con máis de 4.000 quilómetros. O organismo provincial destina máis de 5 millóns de euros ás tarefas de bacheo, que consiste no acondicionamento con rego asfáltico de todos e cada un dos puntos que o necesitan. Os traballos, que comezaron a principios de xuño, atenden ás necesidades recompiladas previamente polos técnicos provinciais. Os traballos acometéronse con cargo ó Plan de Conservación de Estradas 2013, a través do que a Deputación está a actuar no 100 % das vías da provincia. Para garantir unha atención rápida e eficaz ós veciños e aforrar custes, a institución luguesa dividiu a rede viaria en 8 zonas de actuación.