Deputación de Lugo

A Deputación presenta o vídeo 'Moito por descubrir' realizado pola TIC para reivindicar a continuidade do IES As Mercedes

O Presidente entregou ó director do instituto o DVD, que amosa “que a Xunta está equivocada, que a súa imposición vai a supoñer o desmantelamento dun centro de primeira en España, situado na nosa provincia”Co lema “Moito por descubrir”, o audiovisual pon de relevo os logros educativos do instituto, recoñecidos con varios premios, que fan que cada ano aumente nun 20% o número de matriculados ata os 900 alumnos actuaisA institución sumarase mañá á festa reivindicativa que a comunidade Escolar das Mercedes leva a Augas Férreas para esixir a continuidade dos estudos de Secundaria

O Presidente da Deputación de Lugo e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, entregou este mércores ó director do IES As Mercedes, Juan Antonio López, o DVD sobre a historia do centro realizado polos profesionais da Fundación TIC. Baixo o lema “Moito por descubrir”, no audiovisual ponse de relevo os logros educativos acadados por este instituto dende as súas orixes ata hoxe, froito dunha continua liña de colaboración entre o equipo docente e o alumnado, que converteu ás Mercedes nun centro de referencia no Estado debido ós seus niveis de calidade, integración e innovación educativa, e recoñecidos con varios premios.

Á presentación e proxección do traballo audiovisual, que tivo lugar no Salón de Actos de San Marcos, asistiron representantes de toda a comunidade educativa do instituto, que luciron, incluído o Presidente, un pano verde como sinal reivindicativa da continuidade do centro.

Con este DVD, a Deputación, a través da Fundación TIC, reitera o seu apoio ó instituto lugués, amosado xa coa aprobación dunha moción no Pleno Provincial coa que se instou á Xunta a derogar o decreto para converter o IES Mercedes nun Centro Integrado de FP ou secundando as protestas de docentes, alumnos e pais en contra da decisión unilateral do Goberno galego.

Gómez Besteiro remarcou que “neste vídeo, demóstrase, unha vez máis, que a Xunta está equivocada, que a súa imposición vai a supor o desmantelamento dun centro de primeira en España, situado na nosa provincia. Por este motivo, non vamos a cesar nas nosas reivindicacións e seguiremos defendendo a continuidade dos estudos de Secundaria nas Mercedes”. Juan Antonio López, que se emocionou en varios momentos do acto, agradeceu á institución provincial “o apoio ás nosas protestas contra unha decisión que, a día de hoxe, seguemos sen entender, xa que a ampliación da oferta educativa na Formación Profesional que se vén de anunciar ten que ser, e pode ser, perfectamente compatible coa continuidade dos estudos de ESO e Bacharelato”. O director do centro leu así mesmo varias frases dos alumnos poñendo en valor o labor do centro e reclamando que non sexa desmantelado.

Un exemplo educativo a seguir

Moitos centros de formación e organizacións en España véñense interesando nos proxectos que se levan a cabo no IES as Mercedes, tanto no ámbito educativo como profesional. E é que na historia do centro toma gran importancia os numerosos premios acadados e os convenios subscritos con grandes empresas como “Seat”. De feito, foi recoñecido pola Xunta como exemplo de modelo educativo a seguir. Sen ir máis lonxe, o Consello Galego de Cooperativas, presidido pola Consellería de Traballo e Benestar, vén de conceder ó IES As Mercedes o premio ó mellor proxecto empresarial no certame “Cooperativismo no ensino 2013”. É por elo, que o instituto, cun censo actual de 900 escolares, incrementa cada ano nun 20% o número de mozos que optan polas Mercedes para levar a cabo os seus estudos medios.

Reivindicacións en Augas Férreas

Este xoves a comunidade escolar das Mercedes pechará o curso cunha festa reivindicativa na Praza de Augas Férreas da capital lucense, onde se esixirá a continuidade do instituto. Deputados provinciais participarán nesta iniciativa xunto a docentes, alumnos e país, así como público en xeral, xa que esta cita é aberta ó público. O seu obxectivo é dar a coñecer o traballo desenvolvo polo centro para explicar ós cidadáns a importancia de manter nel os estudos de Secundaria e, polo tanto, contribuír á derogación do decreto da Xunta.