Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo, a máis tuitera

A Deputación acaba de superar os 3.000 seguidores en Twitter, consolidándose como a institución galega con máis presenza na rede, e a sexta en EspañaA súa incesante actividade social esténdese tamén ós outros canles e plataformas como o Blog, a páxina de Facebook, Flickr, a canle de Youtube e as contas de Pinterest e Instagram

A Deputación de Lugo, dende a súa conta oficial de Twitter @depulugo anuncia que acaba de superar os 3.000 seguidores nesta rede social. Dende que o organismo provincial decidiu apostar firmemente polas novas canles e o goberno aberto, a cantidade de seguidores en todas as redes non parou de incrementarse. A nivel galego a institución provincial é a primeira en número de followers, deixando moi atrás ás Deputacións de Pontevedra e Ourense que teñen 1985 e 477 seguidores respectivamente. A Coruña, aínda non ten presenza na rede social. Tamén salientar que a nivel estatal, sitúase na sexta posición, só por detrás de Valencia, Córdoba, Málaga, Huelva ou Granada, provincias que por outra banda están moito máis poboadas que a de Lugo.

A súa actividade nesta rede social é vertixinosa e segundo os datos recollidos polo servizo de analíticas twittercounter.com a Deputación conta con máis de 5.000 mensaxes publicados, 3.200 só neste último ano e que recibiron 1.573 retuits, 523 favoritos e preto de 1.700 mencións a día de hoxe. Esta aposta pola conversa nos medios da rede é extensible a outras plataformas onde o organismo tamén ten presenza, como o Blog Oficial blog.deoutacionlugo.org que xa o visitaron máis de 30.000 persoas no que vai de ano ou a páxina de Facebook facebook.com/diputacionlugo onde as publicacións mensuais teñen un alcance superior ás 60.000 persoas. A conta de Youtube tamén manten activa unha canle con preto de 300 vídeos que xa recibiron en total máis de 25.000 visualizacións e en Flickr, unha galería de 630 fotos que en conxunto foron vistas máis de 10.000 veces. Por último, a Deputación de Lugo tamén chegou á rede Instagram, http://instagram.com/depulugo, onde é o único ente provincial con perfil activo, e tamén a Pinterest, http://pinterest.com/dipulugo, outra das redes sociais máis de moda.

Máis deixando de lado as cifras, é preciso salientar o tono cercano e distendido co que a Deputación de Lugo se dirixe a súa comunidade, compartindo información de grande interese sobre a provincia, enlaces curiosos e promovendo iniciativas diferentes. Pero é máis importante aínda que a conta responde as consultas, dúbidas e queixas que os usuarios da rede lle queiran transmitir. A conversa constante cos lucenses é a base de toda está presenza mediática en soportes que gozan de grande aceptación entre o público. Todas estas ferramentas permiten mellorar notablemente a visibilidade, posicionamento da provincia e dos seu valores nos entornos dixitais, ó tempo que facilitar a participación cidadá a través dunha comunicación inmediata, menos protocolizada e bidireccional.