Deputación de Lugo

Trías de Bes amosará este mércores na Deputación cómo conseguir o éxito empresarial coa creatividade

O prestixioso economista falará no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, o 30 de outubro ás 19:30 horas, dentro do ciclo de conferencias aberto ó público, que ofrece gratuitamente a instituciónPara asistir é preciso apuntarse na web www.deputacionlugo.org ou no Rexistro Xeral da Deputación. A charla tamén se poderá seguir en streaming grazas á Fundación TICAs conferencias, para fomentar o uso das novas tecnoloxías entre a cidadanía e mellorar a competitividade das empresas lucenses, continuarán en novembro coa visita de Emilio Duró

A Deputación achegará a Lugo o mércores, 30 de outubro, ó prestixioso economista e experto en marqueting Fernando Trías de Bes, dentro do ciclo de conferencias aberto ó público e gratuíto sobre novas tecnoloxías, que ofrece a institución provincial. Dentro desta mesma iniciativa, e tras as xestións realizadas polo Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, Eduardo Punset visitou o mes pasado por primeira vez Lugo, acadando un grande éxito de público.

Baixo o título Da creatividade á innovación: o eslabón perdido, Trías de Bes falará sobre como xestionar o proceso de creación para superar os atrancos e converter unha idea en exitosa. O experto en pensamento creativo falará dos mitos motivadores e inhibidores da creatividade, do medo a innovar e ser creativo e os seus principais obstáculos para que a creatividade se transforme en innovación. Esta charla enmárcase dentro da aposta da Deputación polas novas tecnoloxías como fórmula para mellorar a competitividade das empresas lucenses e abrir a institución ós cidadáns, facilitando a comunicación e ofrecendo servizos públicos de calidade.

A asistencia á conferencia, que se celebrará ás 19:30 horas, é totalmente gratuíta. Para asistir, os interesados só terán que apuntarse con anterioridade a través da páxina web www.deputacionlugo.org ou no Rexistro Xeral da institución provincial. O prazo abrirase o luns, 28 de outubro, ás 9:00 horas. As solicitudes formalizaranse por rigorosa orde de inscrición. O día 30 de outubro, os asistentes deberán presentarse media hora antes do comezo da charla para identificarse e amosar a súa entrada.

A Fundación TIC encargarase, como en citas anteriores, da retransmisión en streaming nun espazo habilitado especialmente na páxina web da Deputación, onde tamén se pode ampliar información sobre o ciclo de conferencias e os ponentes.

Curriculum

Fernando Trías de Bes naceu en Barcelona en 1967. Cursou Ciencias Empresariais e MBA en ESADE e na Universidade de Michigan. É experto en marqueting e innovación e autor de numerosos ensaios e libros de ficción. Trías de Bes mantén colaboracións con numerosos medios de comunicación, atopando traballos seus na actualidade no suplemento económico de La Vanguardia. Recibiu numerosos recoñecementos, entre os que destacan o Shinpukai (Xapón, 2005) ou o Premio De Hoy de ensayo (España, 2009), e é tamén un destacado escritor de ficción.

Cofinanciado con fondos europeos

O ciclo de conferencias enmárcase dentro do Innova-TE2, o programa tecnolóxico da Deputación, financiado nun 80% pola Unión Europea. Comprende varias accións para animar ás empresas lucenses a empregar as TIC´s, co obxectivo de mellorar os seus negocios e implicar á toda a cidadanía no uso das novas tecnoloxías. Deste xeito, no mes de novembro visitará a Deputación Emilio Duró, un dos maiores expertos en liderado e xestión da intelixencia emocional. Falará da importancia de ser optimistas en tempos e cambio. De novo, a cita será de participación libre e gratuíta.