Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo pon en marcha unha campaña de axuda a Filipinas a través da ONG Cruz Vermella Internacional

Imaxe deputación de lugo
Gómez Besteiro anunciou o apoio da Deputación a esta causa humanitaria cunha aportación inicial de 6.000 euros na conta bancaria aberta pola institución para recadar fondos para as vítimas do tifónOs interesados poden ingresar a súa axuda no número de conta 3070-0001-29-6117221223, de Caixa Rural GalegaO organismo lugués xa organizou no 2011 unha campaña solidaria para axudar no rescate da poboación xaponesa, ó tempo que colabora na recollida de tapóns de plástico que permitiron tratar a varios pequenos da provincia

A Deputación de Lugo vén de poñer en marcha unha iniciativa solidaria co fin de enviar axuda urxente a Filipinas a través da ONG Cruz Vermella Internacional. Para elo, abriu, unha conta bancaria en Caixa Rural co seguinte número 3070-0001-29-6117221223 baixo o concepto de “Axuda a damnificados do tifón de Filipinas”. Nela, os cidadáns poden ingresar fondos en calquera oficina de Caixa Rural e axudar así a un pobo que, tralo devastador paso tifón Haiyan, enfróntase a unha situación de emerxencia extrema pola falta de auga potable e víveres, máis a ameaza da propagación de enfermidades.

O Presidente da Deputación José Ramón Gómez Besteiro, anunciou que “ante unha traxedia de tal magnitude, na Deputación de Lugo puxemos en marcha unha campaña de axuda a Filipinas a través da ONG Cruz Vermella Internacional. Fixemos o mesmo no caso de Xapón. A Deputación realizou un ingreso inicial de 6.000 euros e fai un chamamento á cidadanía interesada en colaborar nesta causa humanitaria”.

Non é a primeira vez que a Deputación de Lugo inicia unha campaña deste tipo, posto que no 2011 tamén quixo prestar a súa colaboración ós milleiros de vítimas do terremoto e posterior tsunami que afectou a Xapón, que se levou por diante poboacións enteiras e causou cerca de 15.000 mortos e desaparecidos, ademais de padecer graves problemas nos reactores da central nuclear de Fukushima. Outras campañas solidarias da institución estiveron centradas na recollida de tapóns de plástico, o que xa permitiu recuperar a saúde a varios pequenos da provincia de Lugo ó colaborar no financiamento de operacións e tratamentos médicos de custe moi elevado para as súas familias.

Os interesados en colaborar con Filipinas poderán atopar máis información sobre esta iniciativa na web da Deputación: www.deputacionlugo.org, así como no blog http://blog.deputacionlugo.org.