Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN COLABORA CUNHA NOVA EDICIÓN DE EXPOLUGO, QUE SE CELEBRARÁ OS DÍAS 3 E 4 DE OUTUBRO

O salón de actos da administración provincial acolleu esta mañá a
presentación desta mostra agrogandeira,
coa presenza da presidenta da institución, do deputado de Medio Rural e do
xerente do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo así como de representantes das
asociacións que participan na mostraCandia destacou a importancia do evento por
ser “revulsivo para o sector que actualmente está a pasar por unha
situación difícil”A
entrada á feira é totalmente gratuíta e comezará o sábado co desfile de
gando pola cidade de Lugo

Lugo, 30 de setembro de 2015.- A titular da Deputación de Lugo,Elena Candia, participou hoxe na presentación dunha nova edición de Expolugo,feira de mostras que se celebrará os días 3 e 4 de outubro no Pazo de Feiras eCongresos de Lugo.

Xunto coa presidenta daDeputación tomaron parte no acto o deputado de Medio Rural, José Ulla, así comoRubén López, xerente do Pazo de Feiras. Na súa intervención, Candia quixodestacar a importancia desta mostra, que “xa consolidada dentro do sector, é defeito un referente non só na nosa provincia, senón tamén en todo o noroestepeninsular”.

A presidenta tamén subliñou aimportancia do evento, por ser “revulsivo para o sector que actualmente está apasar por unha situación difícil”, e que “necesita de apostas e implicaciónsconxuntas”. Elena Candia fixo extensivo este apoio ao evento que reunirá,durante a fin de semana das festas do San Froilán, a un numeroso públicoatraído polos exemplares de diferentes razas autóctonas (vacún, cabalar,porcino...), maquinaria agrícola e artesanía que estarán presentes os dous díasde feira.

Pola súa banda, o deputadodelegado de Medio Rural, José Ulla, explicou que, pese a que a Deputación non tencompetencia nesta área, “a importancia que ten para nos o rural levounos acrear unha área de Goberno específica a través da que canalizar o máximoesforzo e apoio a este sector”. Neste senso, Ulla citou a importancia “coñecidapor todos, que tiñan as feiras municipais cun obxectivo comercializador, o que debemosseguir potenciando, e a mostra Expolugo é un exemplo de traballo neste senso”.

Expolugo

O xerente do Pazo de Feiras eExposicións de Lugo, Rubén López, encargouse de presentar o contido deactividades nesta edición de Expolugo. Explicou que esta mostra pasou porvarias fases. “Partiu dunha feira de gando tradicional fai corenta ou cincuentaanos, referente para todos na provincia e noroeste peninsular, e pasou á feiraque se celebraba na zona de Frigsa,  quedeu continuidade no Pazo de Feiras”.

Rubén López tamén quixo agradecera implicación de “dous apoios claros, o da a Deputación e o de diferentesasociacións gandeiras, que son os verdadeiros protagonistas. Esta sinerxía éfundamental para que Lugo siga sendo un referente neste eido”.

Con máis de 10.000 metroscadrados de ocupación, Expolugo contará cunha mostra gandeira na que tomaranparte, entre outros, Asoporcel (Asociación de Criadores de Gando PorcinoCelta); a Asociación do Cabalo de Pura Raza Galega; Ovica e Asovega, Ovella e Cabra Galega;Boaga, vacas das razas Cachena, Vianea e Limiá; Acruga (Asociación Nacional deCriadores de Gando Vacún Selecto de raza Rubia Galega); Avimós, asociación decriadores de pita de Mos, así como a Asociación de Criadores de Can dePalleiro. A mostra contará tamén cunha zona destinada ao IIIConcurso-exposición Provincial da Galiña de Mos, no que tomarán parte uns 200exemplares desta ave.

Na feira de mostras haberá unespazo comercial e institucional que contará coa presenza de empresasrelacionadas co sector, así como unha mostra de artesanía na que diferentesartesáns farán demostracións en vivo e o público poderá adquirir pezas de tear,coiro ou madeira. Tamén haberá un mercado de alimentación con produtos elaboradoscon animais de razas autóctonas, entre outros. A entrada á feira é totalmentegratuíta.

Programa de actividades

O programa de actividades deExpolugo 2015 iníciase o sábado, ás 12:00 horas, co desfile de gando pola cidadede Lugo. Participarán no desfile con exemplares de animais as asociación deCabalo de Pura Raza Galego; Asoporcel, Acruga, Boaga, Galiña de Mos, Asovega,Can de Palleiro e Agamac, cun tractor antigo restaurado. A saída terá lugardende a Porta de Obispo Aguirre, continuando ata a Porta de Obispo Izquierdo,Concello de Lugo e Franciscanos, para rematar en Obispo Aguirre.

A inauguración Oficial deExpolugo será as 13:30 horas. O sábado día 3 inclúe actividades como é oconcurso de Gando de Raza Rubia Galega, ás 16:30 horas. Este ano haberá unrécord de cabezas de gando que chegaran ás cen. Ás 18:00 horas será a entregade diplomas e clausura do Curso de Xuíces de Raza Rubia Galega. Outras dasactividades programadas son o III Concurso Exposición Provincial da Galiña deMos e o Curso de Xuíces de Raza Rubia Galega.

Pola súa banda, o domingo día 4de outubro, celebrarase ás 12:00 horas unha exhibición de rescate de persoascon cans adestrados realizada polo Servizo Cinolóxico da Garda Civil; ás 14:00horas unha degustación de balde por xentileza de Boaga (Galo de Mós, Boi Vianés,Tenreira de Raza Cachena) e ás 17:00 horas será o espectáculo de Cabalo de PuraRaza Galego presentado por Xacobe Pérez Paz. Ao longo do día tamén se celebrará un obradoiro de tarefas do liño acargo da Asociación de Mulleres de Insua. A clausura será ás 21:00 horas.