Deputación de Lugo

Novo éxito do apoio á candidatura da Ribeira Sacra, acadando máis de 1.000 sinaturas en Monforte de Lemos en catro días

A Deputada de Economía, Recadación e Facenda e o Tenente de Alcalde recibiron ó autobús que permanecerá na Praza do Concello de Ribas de Sil ata o vindeiro 24 de outubroTodos os que se acheguen para deixar a súa sinatura poderán facelo de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, atopando máis información e material promocional da campaña

A campaña de apoio á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade continúa acadando un gran apoio entre os lucenses, logrando reunir máis de 1.000 sinaturas nos catro días que permaneceu en Monforte de Lemos. Deste xeito, xa son máis de 3.000 persoas as que deixaron patente o seu apoio a esta campaña dende a súa posta en marcha o pasado día 8 de outubro.

O autobús rotulado encargado de achegar o libro oficial de sinaturas da UNESCO por toda a provincia, antes de partir no 2014 cara o resto de Galicia e España, chegou esta mañá á capitalidade do Concello de Ribas de Sil, onde foi recibido pola Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, acompañada polo Tenente de Alcalde do municipio, Roberto Castro.

García Porto destacou a satisfacción pola boa acollida da iniciativa posta en marcha pola Deputación de Lugo, felicitando ós lucenses por “entender á perfección a importancia do seu papel para acadar o éxito”. “Unha vez máis, están cumprindo con creces as expectativas. Estamos seguros de que continuarán dando exemplo, implicando con todas as iniciativas que benefician á provincia e ós seus de implicación con todo aquelo que favorece á provincia e ós seus veciños”

Datas, lugar e horarios

O autobús rotulado da campaña permanecerá dende hoxe e ata o vindeiro día 24 de outubro na Praza do Concello de Ribas de Sil, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, para que todos os que o desexen poidan asinar no libro oficial da UNESCO. Ademais de deixar a súa firma, as persoas que se acheguen poderán atopar máis información sobre as terras das Ribeira Sacra, así coma diverso material promocional da campaña da institucional provincial.

Positivo inicio de campaña

O Presidente da Deputación de Lugo foi o encargado de dar inicio á recollida de sinaturas o pasado día 8 de outubro. Durante a presentación desta campaña, Gómez Besteiro lembrou que noutros casos, coma os das campañas que promoveron as candidaturas da cidade histórica de Santiago de Compostela, da Muralla lucense ou da Torre de Hércules, que acadaron finalmente a declaración de Patrimonio da Humanidade, foi fundamental o apoio popular e o traballo conxunto das administracións para que o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte as presentara oficialmente coma candidatas ante a UNESCO.

De calquera xeito, o traballo en prol da declaración de Ribeira Sacra coma Patrimonio da Humanidade -un dos compromisos que Gómez Besteiro xa asumira no seu discurso de investidura no 2011-, materializouse o pasado mes de setembro coa aprobación por unanimidade do Pleno provincial dunha moción presentada polo grupo socialista, na que se instaba á Xunta e ó Goberno central a promover a candidatura da Ribeira Sacra, e cuxo texto foi remitido a todos os Concellos, así coma á Deputación ourensana para que tomen a mesma iniciativa.

Tamén co fin de impulsar esta campaña o Presidente da Deputación mantivo unha xuntanza co seu homólogo ourensán, froito da cal as dúas entidades asinarán un convenio de colaboración entre as dúas provincias para acadar unha declaración que suporá, sen dúbida, un impulso considerable á economía lucense e galega.

O apoio a esta iniciativa, que xa conta coa colaboración desinteresada do Grupo El Progreso e da empresa Monbús, está aberto á incorporación de todas aquelas empresas que desexen participar.