Deputación de Lugo

A Deputación colabora co Concello de Lourenzá na celebración da Festa da Faba con 12.000 euros

Imaxe deputación de lugo
A Fundación TIC elaborará un documental para a páxina web do Concello e reportaxes para difundir en redes sociais e medios de comunicaciónLugoteando ofrece mañá novidosas actividades gratuítas: facer surf nun simulador, reproducir xiros dun skate co gyroboar, ou probar os skates electrónicos

A Deputación colabora co Concello de Lourenzá na celebración da Festa da Faba desta fin de semana, achegando medios audiovisuais e actividades lúcidas, valoradas en 12.000 euros, para impulsar e promocionar no exterior deste festexo, potenciando a economía.

Logo de divulgar en Internet e medios de comunicación a nova edición desta cita cunha reportaxe, os profesionais da Fundación TIC cobren sábado e domingo os principais actos da festa. Con este materia, realizarán un documental para a páxina web do Concello. Deste xeito, todos os cidadáns que accedan a este espazo coñecerán un dos maiores atractivos do municipio, fonte de emprego e riqueza para Lourenzá. Da mesma forma, elaborarán outro traballo audiovisual, que se difundirá en redes socias e canais de televisión.

O domingo, o organismo provincial ó municipio Lugoteando. O claustro do mosterio de Lourenzá será o escenario de novidosas e exitosas actividades. 1.500 persoas participaron nesta programación durante a tempada estival. En Lourenzá, as familias poderán facer surf nun simulador, reproducir os movementos dun skate con xiros espectaculares co gyroboar, ou probar os skates electrónicos. Todo isto de xeito totalmente gratuíto. O horario do Lugoteando será de 12:00 á 17:30 horas.