Deputación de Lugo

Arranca o luns na Deputación o ciclo de conferencias Luis Asorey con créditos de libre configuración para os estudantes

Imaxe deputación de lugo
O ciclo, aberto ó público e gratuíto, celebrarase entre o 18 e o 27 de novembro, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, impulsando alternativas laborais baseadas nos recursos naturaisA conferencia inaugural correrá a cargo do catedrático Antonio Riguero, que falará sobre a explotación de recursos non madereiros do bosque, como os froitos silvestres e os cogomelosMáis información na web www.deputacionlugo.org. Os alumnos da Universidade de Santiago de Compostela poderán convalidar a súa asistencia por un crédito de libre configuración

A Deputación de Lugo acolle entre os días 18 e 27 de novembro o ciclo de conferencias Luis Asorey que analizará as posibilidades económicas do territorio da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, Montes de Becerreá, Navia e Cervantes. Trátase dunhas xornadas gratuítas, organizadas dende 1989 polo organismo provincial e a Real Academia Galega de Ciencias, coa colaboración da Universidade de Santiago, e que cada ano aportan a análise de expertos no campo das ciencias medioambientais.

As charlas comezan este luns coa conferencia inaugural a cargo do catedrático da Departamento de Produción Vexetal da USC e organizador das xornadas, Antonio Rigueiro, quen falará de As producións non madereiras do bosque na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e montes de Cervantes, Navia e Becerreá. O científico explicará as posibilidades de explotar recursos alternativos á tala de árbores con producións silvestres autóctonas como os froitos do bosque ou os cogomelos, entre outros. Todas as charlas serán ás 19:30 horas, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos

A Deputación enmarca estas xornadas dentro da súa aposta polos recursos naturais como a verdadeira oportunidade de desenvolvemento económico para a provincia. As charlas difunden os valores da Reserva e a importancia da súa conservación e do aproveitamento sostible como oportunidade económica, capaz de favorecer o desenvolvemento económico e contribuíndo á fixación de poboación.

Participación gratuíta

A participación nas xornadas é gratuíta e o acceso libre ata completar aforo. Os alumnos da USC que queiran convalidar a súa asistencia por un crédito de libre configuración deberán presentar no Rexistro Xeral da Deputación de Lugo o modelo de formulario que teñen á súa disposición na web www.deputacionlugo.com ou ben no propio Rexistro.

As charlas previstas, todas no Salón de Actos da Deputación, ás 19:30 horas, son as seguintes:

Día 18: “As producións non madereiras do bosque na reserva da Biosfera dos Ancares lucenses e montes de Cervantes, Navia e Becerreá”, a cargo do catedrático da Departamento de Producción Vexetal da USC, Antonio Rigueiro.
Día 19: “Especies e hábitats de interese para a conservación na reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá”, polo doutor en bioloxía, Francisco Javier Silva Pando.
Día 20: Valor de conservación dos bosques da Reserva da Biosfera dos Ancares”, a cargo do doutor en bioloxía, Manuel Antonio Rodríguez Guitián.
Día 21: “Agricultura e gandeiría ecolóxicas: alternativas de interese para a Reserva da Biosfera dos Ancares”, impartida pola doutora en enxeñería agrónoma, María Belén Díaz Hernández.
Día 25: “Xestión Forestal nos espazos protexidos”, polo doutor en enxeñería de montes, Roque Julio Rodríguez Soalleiro.
Día 26: “O Plan de Acción da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá”, a cargo da enxeñeira química e máster en enxeñería Medioambiental pola USC, Andrea Macho Benito.
Día 27: “As Reservas da Biosfera de Galicia”, polo doutor en Bioloxía e profesor da USC, Pablo Ramil Rego.