Deputación de Lugo

25 cativos participarán mañá no obradoiro gratuíto da Deputación: Coñece o teu entorno

Imaxe deputación de lugo
A Deputación organiza esta actividade lúdica para ensinar ós máis pequenos hábitos que contribúan a preservar o medio ambienteO obradoiro, dirixido a rapaces entre 6 e 12 anos, desenvolverase no Centro de Interpretación Terras do Miño entre as 12:00 e as 14:00 horas A cita forma parte da programación para o 4º trimestre do ano con obradoiros, conferencias e rutas gratis pola provincia

A Deputación dará a coñecer o entorno natural ós pequenos cun obradoiro gratuíto que se celebrará este sábado, 9 de novembro, no Centro de Interpretación Terras do Miño na capital lucense entre as 12:00 e as 14:00 horas. 25 cativos participarán nesta actividade, que fomenta a adopción de hábitos adecuados para preservar o seu medio natural máis próximo.

O obradoiro está dirixido a pequenos de idades entre os 6 e os 12 anos que coñecerán, por medio de esta actividade, o valor medioambiental do seu entorno máis próximo, propiciando unha reflexión sobre a importancia de preservalo. Analizarán as condutas máis habituais en relación coa natureza e accións que poden realizar a cotío para a protección e posta en valor destes espazos.

Trátase dunha iniciativa de concienciación medioambiental, que forma parte da programación nos Concellos posta en marcha pola Deputación dende o Centro de Interpretación Terras do Miño para o 4º trimestre do ano. Proximamente, desenvolverase este mesmo obradoiro noutros Concellos da provincia, nun esforzo da institución luguesa por descentralizar as accións formativas. Na páxina web www.deputaciondelugo.org pódese consultar toda a información sobre esta e outras actividades do CITM.