Deputación de Lugo

300 persoas poderán participar nas actividades gratuítas que ofrece o Centro de Interpretación Terras do Miño para o 1º trimestre do ano

Sonsoles López Izquierdo presentou a programación das actividades programadas polo Centro de Interpretación Terras do Miño para os 3 primeiros meses deste ano dirixidas a toda a familiaDesenvolveranse ata marzo 3 conferencias sobre temáticas variadas, dúas xornadas didácticas, un curso e dúas rutas para coñecer a diversidade medioambiental da provinciaA participación é gratuíta, sendo preciso inscribirse na web www.deputacionlugo.org, onde atoparán información detallada sobre o contido, horarios e público de cada actividade

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, anunciou hoxe as actividades que acollerá o Centro de Interpretación Terras do Miño durante os tres primeiros meses deste ano. Trátase dunha programación gratuíta e aberta á participación de xentes de todas as idades, co fin de que coñezan a riqueza da biodiversidades da provincia e as oportunidades que esta pode ofrecer a todos os lucenses.

Sonsoles López Izquierdo destacou que esta programación dá continuidade á liña iniciada en anteriores convocatorias, nas que actividades como as saídas ó campo espertaron un grande interese entre o público, logrando acadar a participación de máis de 1.700 persoas durante o pasado ano, ás que hai que sumar as preto de 400 que se achegaron a coñecer as instalacións do Centro de Interpretación. A Deputada salientou que a intención é continuar traballando “nesta mesma liña, facendo de Terras do Miño un centro de referencia en educación e concienciación ambiental, difundindo valores medioambientais da provincia dun xeito divertido e para todos os públicos”.

O calendario das actividades programadas é o seguinte:

Conferencias:

- O día 30 de xaneiro, ás 19:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, terá lugar a conferencia “Fungos medicinais: usos ancestrais e novas perspectivas” a cargo do Presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, Julián Alonso.
- O 20 de febreiro, ás 19:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, “Experiencias de participación social na xestión territorial”, a cargo de Antonio Ventura Figueiroa.
- O 20 de marzo, ás 19:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, Andrea Macho Benito falará acerca do “Plan de Acción da Reserva da Biosfera Terras do Miño”.

Actividades para adultos:

- O 8 de febreiro desenvolverase unha xornada fabricación de niños, a partir de simples caixas, en horario de 10:00 a 14:00 horas no Centro de interpretación Terras do Miño. O 7 de marzo, ás 19:00 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño celebrarase “Conservación dos valores naturais e paisaxísticos na Reserva da Biosfera Terras do Miño, mediante a promoción dos sistemas alimentarios locais”.
- O 8 de marzo, de 11:00 a 14:00 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, desenvolverase o “Curso introdutorio de agricultura ecolóxica nas labores invernais”.

Actividades para familias:

- O 22 de febreiro desenvolverase unha ruta de integración na flora e na fauna do Paseo do Río Rato, e o 22 de marzo celebrarase outra ruta esta vez no entorno lucense da Reserva da Biosfera.

Todas as actividades son gratuítas, malia que as prazas son limitadas por cuestións de aforo, polo que para participar será necesario inscribirse previamente. O prazo de inscripción ábrese hoxe. Máis información e inscripcións na web www.deputacionlugo.org ou no teléfono ó 982-22-78-12.