Deputación de Lugo

Últimas prazas para as dúas novas xornadas formativas gratuítas da Deputación na Casa das Ínsuas

Imaxe deputación de lugo
As charlas, que se celebran os días 20 e 21 de decembro, son gratuítas e para participar so é preciso inscribirse na web www.deputacionlugo.org ou chamar ó teléfono 982 22-78-12As xornadas forman parte da programación para os Concellos do Centro de Interpretación Terras do Miño, en colaboración coa Asociación Galega de Custodia do TerritorioAs actividades continuarán en xaneiro con outras dúas conferencias sobre a flora e a fauna e a produción láctea no territorio Reserva da Biosfera Terras do Miño

Últimas prazas disponibles para as xornadas formativas que organiza a Deputación os días 20 e 21de decembro na Casa das Ínsuas en Rábade. Trátase de dúas actividades organizas en colaboración coa Asociación Galega de Custodia do Territorio, dentro das actividades gratuítas programadas para este espazo dende o Centro de Interpretación Terras do Miño.

As persoas interesadas en acudir deben apuntarse con anterioridade na web www.deputacionlugo.org, ou no teléfono 982-22-78-12, xa que o aforo está limitado a 50 persoas.

O día 20 de decembro celebrarase a xornada sobre “Conservación e xestión de humidais na Terra Chá”, dentro do ciclo sobre a Conservación e xestión dos valores naturais da Reserva da Biosfera Terras do Miño. O desenvolvemento da xornada será o seguinte:

Ás 17:00 horas, inauguración das xornadas.

Ás 17:15 horas un experto do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural da USC falará sobre “Os valores ambientais dos humidais chairegos”.

Ás 17:45 horas os especialistas da Asociación Galega de Custodia do Territorio abordarán a “Avifauna do complexo húmido da Terra Chá”.

Ás 19:00 horas, rematará a xornada cun debate sobre a xestión dos humidais chairegos entre os especialistas da Área de Medio Ambiente da Deputación, da USC e os da Asociación Galega de Custodia do Territorio, ós que se sumarán representantes da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia.

O día 21 de decembro, a xornada “O cabalo salvaxe en Galicia” reunirá expertos que analizarán o papel deste animal na conservación do monte. As conferencias desenvolveranse da seguinte maneira:

Ás 10:30 horas, Laura Lagos da USC falará sobre “Ecoloxía do poni salvaxe de Galicia: organización social, reprodución e depredación”.

Ás 11:00 horas, Jaime Fagundez, da Universidade da Coruña analizará “A importancia do Cabalo salvaxe na conservación das matogueiras”.

Ás 11:30, será a quenda de Rosa Mosquera, da USC quen falará sobre “O papel do cabalo salvaxe na redución da biomasa forestal e o risco de incendio”.

Ás 12:00 horas, o biólogo Luis LLaneza abordará “O cabalo salvaxe como presa clave do lobo”.

Ás 13:00 horas, Felipe Bárcena da USC plantexará a pregunta “Que son os chamados cabalos salvaxes de Galicia?”

Ás 13:30, Javier Álvarez e Modesto Domínguez, da Asociación de Gandeiros da Groba e Xilberte Manso, do Instituto de Estudos Miñoranos, abordarán “O manexo tradicional do cabalo de monte en Galicia”.

Ás 13:50 horas, Antón Vázquez da Asociación de Pura Raza Galega, falará sobre “As implicacións da nova lexislación sobre équidos”

A xornada rematará ás 14:15 horas coa proxección do vídeo “Where the beasts still roam” de Simon Goodall

Todas as charlas son gratuítas e continuarán en xaneiro con outras dúas xornadas dedicadas á conservación e xestión da flora e da fauna na Reserva da Biosfera Terras do Miño e ás relacións entre a produción láctea e conservación da natureza. As xornadas forman parte da programación do Centro de Interpretación Terras do Miño para dar a coñecer o patrimonio natural lucense ós Concellos da provincia.