Deputación de Lugo

Economistas frente a la crisis preséntanse mañá dende a Deputación de Lugo para toda Galicia

Imaxe deputación de lugo
O Pazo de San Marcos será a súa primeira parada en Galicia, á que seguirán o día 22 de xaneiro A Coruña, onde estarán acompañados por Josep Borrell, e o día seguinte en Santiago de CompostelaA conferencia de Jorge Fabra, Alfonso Prieto e Mónica Melle, que dará comezo ás 19:00 horas no Salón de Actos poderá seguirse grazas á Fundación TIC en streaming na web www.deputacionlugo.org. A asistencia é gratuíta e só limitada ó aforo do recinto.

A Deputación de Lugo será a primeira cita en Galicia do colectivo Economistas frente a la crisis, representado polo seu Presidente e dous dos seus membros fundadores: Jorge Fabra, Mónica Melle e Alfonso Prieto. A conferencia, gratuíta e de acceso libre, que ofrecerán mañá ás 19:00 horas no Salón de Actos do Pazo de San Marcos será a presentación en Galicia deste colectivo, nacido en Madrid, que xa conta con grupos estables de traballo en cidades como Barcelona, Valencia e Zaragoza.

Tras esta cita as vindeiras paradas serán A Coruña, na que estarán acompañados polo ex-presidente do Parlamento Europeo, Josep Borrell, e Santiago de Compostela, os días 22 e 23 de xaneiro, respectivamente.

O colectivo Economistas frente a la crisis xurdiu no 2012 coa unión de economistas preocupados pola interpretación e información que se estaba a ofrecer á cidadanía e ós medios de comunicación acerca da natureza da crise, da súa diagnose e da súa xestión. Tres dos seus fundadores e asinantes do manifesto fundacional convidarán, na súa visita a Lugo, a unirse a todos aqueles profesionais que desexen tomar parte na súa labor de denuncia da manipulación á que están sometidos termos económicos co fin de ofrecer á opinión pública unha visión da crise e da xestión que se está a facer dela moi alonxada da realidade.

Todos os que desexen escoitar as interesantes aportacións dos poñentes acerca de cuestións de actualidade como como a reforma laboral e as políticas activas de emprego; a situación do sector industrial no país ou do sector da enerxía, poderán facelo tamén en tempo real a través da web www.deputacionlugo.org, xa que como en anteriores ocasións, a Fundación TIC encargarase da retransmisión en directo en streaming.

Os poñentes

Jorge Fabra Utray é Presidente de Economistas frente a la Crisis. Economista e doutor en Dereito, ex-presidente de red Eléctrica de España e autor de Un mercado para la electricidad: ¿regulación o liberalización?
 
Mónica Melle Hernández, economista e membro fundador de Economistas frente a la Crisis, é profesora de Economía Financeira na Universidade Complutense de Madrid.

Alfonso Prieto, economista e membro fundador de Economistas frente a la Crisis, ten exercido en numerosas ocasións de experto asesor do Comité de Empleo da Comisión Europea.

A asistencia é totalmente gratuíta e unicamente limitadas ó aforo do Salón de Actos. Os interesados poden atopar máis información na web www.deputacionlugo.org